Deputación de Lugo

As medidas de apoio á economía da provincia promovidas pola Deputación marcan o Pleno provincial

Aprobada a rebaixa ata o 3% da taxa de recadación pola que a Deputación deixará de ingresar 450.000 euros en beneficio dos Concellos

A Deputación reclamará ó Goberno Central un cambio lexislativo para cobrar o IBI ós Centros Penitenciarios O Pleno aproba un expedente de recoñecemento extraxudicial de crédito por máis de 250.000 euros para afrontar gastos doutros anos sen consignación presupostaria nin fiscalización As iniciativas de apoio á economía da provincia que está a poñer en marcha a Deputación marcaron o transcurso do Pleno provincial celebrado este martes. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, destacou o traballo que está a realizar o equipo de goberno que “en só dous meses impulsou seis iniciativas que beneficiarán directamente tanto a economía dos Concellos como das pequenas e medianas empresas neste momento de crise”. Entre estas medidas, o voceiro socialista, Antonio Gato, destacou o Plan de axudas directas a microempresas e autónomos dotado, nunha primeira fase, con 625.000 euros e que anunciou recentemente a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez. Promovida polo INLUDES, esta iniciativa forma parte do Plan Estretéxico de subvencións para as Pemes aprobado no mes de xuño. Gato Soengas dixo que “o equipo de goberno leva traballando meses nestes proxectos que xa puxo en marcha”. Neste senso, o PSOE opúxose a unha moción do PP na que se solicitaba un plan de axuda ó pequeño comercio “xa que votou en contra do Presuposto no que ían iniciativas deste tipo a favor das pemes. Unha vez máis, o PP chega tarde”, afirmou Gato Soengas. Máis ingresos para os Concellos Outra das medidas de apoio á economía aprobada na sesión plenaria de hoxe, permitirá que os municipios teñan máis ingresos e unha maior liquidez a través da xestión de tributos por parte da Deputación, sen que isto implique unha maior carga impositiva ós cidadáns. Segundo destacou Gato Soengas, “a mitade de mandato, os Concellos xa pagan por este servizo a metade que co PP. Ademais, coas modificacións introducidas, a Deputación deixará de cobrar 450.000 euros en favor dos Concellos”. A Corporación aprobou unha nova modifición das bases de delegación en materia de recadación de tributos en favor dos Concellos que xa asinaron o convenio do novo Servizo -polo momento, 45-. Con esta modificación, que se aplicará o ano que vén, rebaixarase un punto máis a taxa pola xestión deste servizo, ata acadar ó 3%, o que supón a metade da porcentaxe que se cobraba co anterior goberno. “Isto permitirá que estes Concellos ingresen 450.000 euros máis que antes da primeira reforma, cando a taxa era do 6%”. A modificación das bases tamén prevé o incremento do 80% ó 90% dos anticipos repartidos en 12 mensualidades, unha medida que aplicaron por primeira vez os actuais responsables provinciais. “Esta non é unha cuestión menor, xa que permitirá ós Concellos ter unha maior liquidez e poder afrontar mellor os gastos do día a día”, apuntou Gato Soengas. IBI polos Centros Penitenciarios Ademais, en materia de recadación, a Corporación provincial acordou solicitar ó Ministerio de Economía e Facenda a reforma do réxime tributario dos centros penitenciarios para eliminar a exención establecida por lei para este tipo de instalacións, unha medida que, no caso da nosa provincia, beneficiaría ós Concellos de Lugo e Monterroso. A Deputación reclamará ó Goberno que estes inmobles se incorporen a unha categoría diferenciada do resto dos bens dos Concellos nos que estean ubicados e que se establezca un tipo de gravame distinto e superior no IBI. A Deputación considera que estes centros teñen todas as circunstancias para ser considerados como bens de características especiais, e supoñerían un importante ingreso para os Concellos nos que se ubican. No caso de que non se acometa o cambio lexislativo necesario, o organismo provincial pedirá ó Ministerio que se compense a estes municipios polos ingresos que deixan de recibir a consecuencia de esa exención. Débedas pendentes O Pleno tamén aprobou este martes un expedente de recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 252.684 euros, outro dos asuntos pendentes do anterior mandato que ten que afrontar o actual equipo de goberno. Con este expedente darase resposta ós gastos realizados en anos anteriores sen consignación presupostaria nin fiscalización previos, e nalgúns casos, omitindo outros requisitos e trámites esenciais dos procedementos de contratación ó non ter cobertura como contrato menor, e que é consecuencia do sistema empregado polo anterior goberno. Son gastos sen presupostar destinados á subministración de emulsión asfáltica, zahorra e gravas, pequenas reparacións en varias vías e o mantemento das salas de caldeiras do Centro do Fogar de Santa María, Pazo Provincial, Hospital San Rafael e Residencia Miño para 2007. Co novo sistema de contratación posto en funcionamento polo actual equipo de goberno evitarase ter que recurrir no futuro a este tipo de operacións, xa que se garante unha maior transparencia e rigor na contratación, se cúmpre coa legalidade e se axiliza o pago ós proveedores e ás empresas. Por outra banda, a Corporación aprobou definitivamente a Valoración de Postos de Traballo dos Hospitais San Xosé e San Rafael, así como a modificación da relación de Postos de Traballo que, en ámbolos dous casos, contan co apoio unánime de sindicatos, Xunta de Persoal e Comité de Empresa Por último, rexeitouse outra inicitiva popular sobre puntos negros nas estrada provinciais, xa que desde que entrou a gobernar o actual equipo estase a mellorar notablemente a seguridade na rede viaria provincial, con medidas como o subminsitro de sal durante a época se xeadas e nevadas.