Deputación de Lugo

A ÁREA DE CULTURA LEVOU Á XUNTA DE OBERNO A PROPOSTA DE APROBACCIÓN DO PAGAMENTO DE VARIAS AXUDAS CORRESPONDETES AO PLAN DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES VECIÑAIS DO ANO 2007

O portavoz do grupo do BNG na Deputación de Lugo, Antonio Veiga, informou, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, da aprobación das contas xustificativas de un total de 8 axudas a entidades veciñais para a realización de actividades culturais. Estas axudas suman un total de 10.550 euros e corresponden ao Plan de Cooperación con Entidades Veciñais do Ano de 2007. Estas axudas corresponden a entidades veciñais dos concellos de Quiroga, Mondoñedo, Foz, Sarria, Trabada, Vilalba, e Xermade.