Deputación de Lugo

120 ex alumnas do antigo Colexio de Xordos do Fogar de Santa María visitarán o INLUDES

Imaxe deputación de lugo
Lara Méndez recibirá a este colectivo que cursou os seus estudos de Educación Primaria nas antigas instalacións do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibirá o sábado 25 de outubro a 120 ex alumnas do Colexio de Xordos ubicado no antigo Fogar de Santa María. As ex estudantes visitarán as instalacións do Centro que se mantivo en activo ata mediados da década dos 80, e que na actualidade alberga o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES). Desde finais da década dos 50 as alumnas cursaron os seus estudos de Educación Primaria no antigo colexio de xordos. Neste senso, o encontro servirá para que as compañeiras compartan experiencias e lembren a súa etapa estudiantil en Lugo. Deste xeito, ademais de alumnas de diversos puntos de Galicia, o sábado daranse cita no INLUDES alumnas doutros puntos de España como Ponferrada e Oviedo. Logo de visitar as instalacións do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social, que ocupan unha extensión de aproximadamente 12.000 metros cadrados e que datan de 1919, as ex alumnas visitarán o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo e realizarán un paseo pola Muralla. Estarán acompañadas por catro das educadoras que lles deron clase, pola Presidenta de ASORLU, Purificación López Ferreiro, e por Ana López Fernández, membro da Comisión Organizadora.