Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo crea unha Carta de Servizos para informar ós cidadáns e traballadores das funcións que pesta en materia formativa

Imaxe deputación de lugo
A Institución luguesa convértese na primeira Administración provincial que dispón do documento informativo

A Deputación de Lugo, a través da Área de Formación que dirixe o Deputado Melchor Roel, vén de crear unha Carta de Servizos, documento informativo a través do cal os órganos, organismos e entidades da Administración Xeral do Estado informan ós cidadáns e usuarios sobre os servizos que prestan en materia formativa, sobre os dereitos que deben cumprir e sobre os compromisos de calidade que deben asumir na súa prestación. Neste senso, a Administración luguesa convértese na primeira institución provincial de Galicia que dispón deste documento. A Carta está dirixida a empregrados públicos da Administración Local e ós Alcaldes dos 67 Concellos. Este documento permite que o Servizo de Formación da Deputación de Lugo cumpra cos principios de calidade, eficacia e eficiencia. A Deputación de Lugo é a encargada da súa elaboración, edición e difusión. En total, editáronse 5.000 exemplares que xa están a ser distribuídos polas distintas administracións locais e provinciais españolas. Mandarase a todos os municipios da provincia e incluso a outros centros de formación de España. Cumprir coa lexislación vixente A Deputación de Lugo xa contaba cunha Carta destas características (elaborada no ano 2003) pero, a diferenza da actual, non cumpría os parámetros estipulados pola lexislación vixente. Deste xeito, na Carta especifícase que é o Servizo de Formación e a quen sirve, que servizos ofrece e a que se compromete. Por outra banda, tamén se cumpre co Plan de Mellora elaborado no ano 2001 pola Deputación de Lugo. Segundo a normativa ISO, este Plan debía incluír unha Carta de Servizos, que naquel momento non se fixo.