Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO ABRE AS SÚAS PORTAS AOS DEMOS

A sala de exposicións da Deputación acollerá a exposición

O Deputado de Cultura e Deportes, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou hoxe ás 20:00 horas, unha exposición sobre libros do demo que permanecerá aberta ata o 30 de outubro na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo. Esta exposición enmárcase dentro dos actos de celebración do 75 aniversario do museo de Lugo. A mostra, que a partir de hoxe acollerá a sala da Deputación, titúlase Libros do demo: Grimorios e Ciprianillos e máis de 60 libros da colección particular dos irmáns Castro Vicente. Nesta mostra podemos ver unha mostra dos libros sobre maxia datados entre os séculos XVII e o XIX que van ser expostos a partir de hoxe na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo. A mostra de Libros do Demo: grimorios e ciprianillos pertence aos fondos dos irmáns Félixe e Cástor Castro Vicente. Os grimorios son libros de coñecemento máxico que conteñen correspondencias astrolóxicas, listas de anxos e demos, instrucións para lanzar encantamentos e feitizos, mesturar medicamentos, convocar entes sobrenaturais e elaborar talismáns. Os ciprianillos, foron moi usados en Galicia por detallar as artes diabólicas e os rituais necesarios para o achado dos tesouros que os encantos e os mouros tiñan gardados nos castros, furnas e mámoas. Tamén quen o posuía, tiña o poder de facer fuxir ó demo. A maxia da que falan estes libros hai que diferenciala da maxia dos ilusionistas, a “arte do imposible”, naquela época os magos ilusionistas tiveron que disfrazar as súas artes cunha apariencia científica e técnica xa que calquera sospeita de intervención diabólica nos seus xogos podía causarlles graves problemas. Debido á situación política do Estado Español non foi até o ano 1733 cando se publica por primeira vez unha obra destas características. Non houbo en Galiza un libro máis buscado e que espertase máis paixóns e desexos e que fixese que a xente en moitos casos se volvera tola para posuílos de aí que neste ano de aniversario do Museo Provincial lle fagamos un guiño ao demo e lle abramos tamén as portas do Museo Provincial.