Deputación de Lugo

As relacións impulsadas por Gómez Besteiro traen a Lugo a reunión da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP

O Pazo de San Marcos acollerá o día 7 de novembro unha intensa xornada sobre os retos das Deputacións na que participarán representantes provinciais de toda España.

O financiamento local e os proxectos de cooperación con Portugal, algúns dos asuntos que figuran na orde do día. As relacións institucionais promovidas polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, converterán a Lugo na sede da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), que se celebrará o vindeiro 7 de novembro no Pazo de San Marcos. Trátase da primeira xuntanza que organiza a FEMP fóra da cidade de Madrid neste mandato. As negociacións e intercambios impulsados polo titular da institución provincial luguesa fixeron posible que o encontro se celebre na cidade de Lugo, contribuíndo a unha maior proxección e visibilidade estatal da Deputación e a un achegamento con outras administracións provinciais consideradas modélicas en España, como pode ser a de Barcelona. A Comisión de Deputacións, adscrita á Dirección de Acción Territorial da FEMP, ten como obxectivo básico o reforzamento institucional das entidades intermunicipais, como verdadeiras garantes do exercicio das competencias municipais en cada provincia e baseándose sempre na cooperación e o apoio técnico. A FEMP reúne a un total de 7.286 Entidades. Ademais de Gómez Besteiro, unha ampla representación das Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares de todo o territorio nacional daranse cita na reunión no Pazo provincial ó longo dunha intensa xornada de traballo. Os representantes abordarán diversos asuntos contemplados na orde do día, entre eles, a aprobación do Plan de Traballo da Comisión e dos grupos técnicos, que responde ós acordos fixados pola FEMP en canto ó seguemento do deseño dos Gobernos Locais para unificar as visións das diferentes Deputacións. Tamén está previsto o debate sobre o programa do curso “El papel de los gobiernos provinciales e insulares en el siglo XXI”, un tema de grande actualidade e necesario para adaptarse ós novos tempos. Na xuntanza informarase sobre o proceso de negociación da financiación das Entidades Locais –outro asunto que esperta moito interese-, o Programa da Rede Rural Nacional 2007-2013 e o proxecto de cooperación transfronteiriza España-Portugal, entre outros. Logo da reunión, os Presidentes das Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares participarán nun pequeno percorrido do programa de visitas institucionais pioneiro en España e impulsado por Gómez Besteiro para dar a coñecer a nosa provincia: “Km0. Deputación de Lugo”. As autoridades desprazaranse ata o río Rato, onde realizarán un paseo polo mesmo e visitarán o Centro de Interpretación Terras do Miño para coñecer as políticas medioambientais da Deputación luguesa e os programas europeos que recibiu recentemente. Nestas instalacións, propiedade da Deputación, compartirán un xantar composto por produtos autóctonos. Ampla representación          A Comisión está composta por Presidentes de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares de diferentes puntos do territorio nacional: -Presidente da Comisión Antoni Fogué Moya Presidente da Deputación de Barcelona PSOE  -Vicepresidente da Comisión                                  PP                                       Ramiro Felipe Ruíz Medrano Presidente da Deputación Provincial de Valladolid    -Juan Carlos Usero López  Presidente da Deputación Provincial de Almería PSOE -Francisco González Cabaña Presidente da Diputación Provincial de Cádiz PSOE  -Francisco Pulido Muñoz Presidente da Deputación Provincial de Córdoba  PSOE  -Antonio Martínez Caler Presidente da Deputación Provincial de Granada  PSOE -Petronila Guerrero Rosado Presidenta da Deputación Provincial de Huelva PSOE -Felipe López García Presidente da Deputación Provincial de Jaén PSOE -Salvador Pendón Muñoz Presidente da Deputación Provincial de Málaga PSOE -Fernando Rodríguez Villalobos Presidente da Deputación Provincial de Sevilla PSOE -Antonio Cosculluela Verruga Presidente da Deputación Provincial de Huesca PSOE  -Antonio Arrufat Gascón Presidente da Deputación Provincial de Teruel  PSOE  -Javier Lambán Montañés Presidente da Deputación Provincial de Zaragoza  PSOE  -Mario Cabrera González Presidente do Cabildo Insular Fuerteventura  CC  -José Miguel Pérez García Presidente do Cabildo Insular Gran Canaria  PSOE  -Manuela Armas Rodríguez Presidenta do Cabildo Insular Lanzarote  PSOE  -Tomás Padrón Hernández Presidente do Cabildo Insular El Hierro  CC  -Casimiro Curbelo Curbelo Presidente do Cabildo Insular La Gomera  PSOE  -José Luis Perestelo Rodríguez Presidente do Cabildo Insular La Palma  CC  -Ricardo Melchor Navarro Presidente do Cabildo Insular Tenerife  CC  -Agustín González González Presidente da Deputación Provincial de Ávila  PP  -Vicente Orden Vigara Presidente da Deputación Provincial de Burgos  PP  -Isabel Carrasco Lorenzo Presidenta da Deputación Provincial de León  PP  -Enrique Martín Rodríguez Presidente da Deputación Provincial de Palencia  PP  -Isabel Jiménez García Presidenta da Deputación Provincial de Salamanca  PP  -Javier Santamaría Herranz Presidente da Deputación Provincial de Segovia  PP  -Efrén Martínez Izquierdo Presidente da Deputación Provincial de Soria  PP  -Fernando Martínez Maillo Presidente da Deputación Provincial de Zamora  PP  -Pedro Antonio Ruíz Santos Presidente da Deputación Provincial de Albacete  PSOE  -Nemesio  de Lara Guerrero Presidente da Deputación Provincial de Ciudad Real  PSOE  -Juan Manuel Ávila Francés Presidente da Deputación Provincial de Cuenca  PSOE  -Mª Antonia Pérez León Presidenta da Deputación Provincial de Guadalajara  PSOE  -José Manuel Tofiño Pérez Presidente da Deputación Provincial de Toledo  PSOE  -Enric Vilert i Butchosa Presidente da Deputación Provincial de Girona  ERC  -Jaume Gilabert i Torruella Presidente da Deputación Provincial de Lleida  ERC  -Joseph Poblet i Tous Presidente da Deputación Provincial de Tarragona  CIU  José Joaquín Ripoll Serrano Presidente da Deputación Provincial de Alicante  PP  -Carlos Fabra Carreras Presidente da Deputación Provincial de Castellón  PP  -Alfonso Rus Perol Presidente da Deputación Provincial de Valencia  PP  -Valentín Cortés Cabanillas Presidente da Deputación Provincial de Badajoz  PSOE  -Juan Andrés Tovar Mena Presidente da Deputación Provincial de Cáceres  PSOE  -Salvador Fernández Moreda Presidente da Deputación Provincial de A Coruña  PSOE  -José Ramón Gómez Besteiro Presidente da Deputación Provincial de Lugo  PSOE  -José Luis Baltar Pumar Presidente da Deputación Provincial de Ourense  PP -Rafael Louzán Abal Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra  PP -Xico Tarres Mari Presidente do Consell Insular de Ibiza PSOE  -Francesca Lluc Armengal Socias Presidenta do Consell Insular de Mallorca  PSOE  -Joana María Barceló Martí                            PSOEPresidenta do Consell Insular de Menorca