Deputación de Lugo

Ribadeo e o Río Eo, protagonistas esta semana das visitas de Km0

Veciños de Lugo, Friol e Castro de Rei desprazaranse ata A Mariña dentro do programa promovido pola Deputación

Unha travesía en barco pola ría de Ribadeo e unha ruta a pé polas beiras do río Eo, no Concello Ribeira de Piquín forman parte das rutas desta semana do programa de visitas institucionais Km0 que promove a Deputación, e nas que participarán veciños de Lugo, Friol e Castro de Rei. Este martes, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu no Pazo Provincial a un grupo do Club Cultural Valle Inclán. En primeiro lugar visitaron o Centro de Interpretación do Río Rato e continuación desprázaronse ata o norte da provincia. A visita inclúe unha ruta de sendeirismo de 2 quilómetros pola beira do río Eo, desde a praia fluvial, no Concello de Ribeira de Piquín. Coñecerán a Igrexa de Santalla así como unha piscifactoría e un centro de cría artesanal de troitas. Estas instalacións atópanse na marxe esquerda do Eo, a uns 27 quilómetros do seu nacemento. O mércores e o xoves o destino de Km0 será o Concello de Ribadeo. Membros da Asociación “Camiña con nós” de Friol, mañá, e da Asociación “A Xuntanza” de Castro de Rei, o día seguinte, visitarán a Insua de Burneiro e A Fervenza. Xa na Mariña farán unha visita a pé ó Faro da Illa Pancha, unha travesía en barco pola ría de Ribadeo e un percorrido polo casco histórico desta localidade.