Deputación de Lugo

O 21 de maio remata o prazo para solicitar as subvencións destinadas a entidades culturais e deportivas para o ano 2009 que xestiona a Área de Cultura e Deporte da Deputación

Imaxe deputación de lugo
null

As entidades culturais e deportivas lucenses que estean interesadas en solicitar as subvencións que concede a Área de Cultura e Deporte da Deputación para a realización de actividades de interese cultural e deportivo durante este ano, teñen de prazo ata o vindeiro día 21 de maio para recoller e presentar as devanditas solicitudes no segundo andar do Pazo de San Marcos. Así mesmo, estes mesmos formularios tamén se poden descargar a través da páxina web da Deputación de Lugo: http://www.v1deputacionlugo.org/axudas.php. Para pode acceder a estas axudas, as entidades, tanto culturais coma deportivas, deberán estar legalmente constituídas, ter personalidade xurídica propia adaptada á normativa vixente e ser agrupación ou asociación sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade nun ámbito territorial das distintas comarcas lucenses. En canto ás entidades culturais poderán ser subvencionadas todas aquelas actividades de carácter anual que supoñan a actividade principal da citada entidade, asociación ou agrupación e calquera outro evento cultural de carácter puntual. No que atinxe ás entidades deportivas, será subvencionada a actividade competitiva realizada pola mesma (axudas para sufragar os gastos de arbitraxe, transporte, gastos federativos e o canon que xera esa participación), a organización de eventos deportivos de carácter puntual e a actividade deportiva sen competición oficial dirixida á formación e á iniciación dos máis novos nas distintas disciplinas, como é o caso das escolas e asociacións deportivas.