Deputación de Lugo

A Deputación cita ás empresas TIC da provincia para informarlles do programa europeo Innova-TE

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial, tendo en conta que se trata dunha iniciativa sen precedentes en Lugo, intentará buscar as maiores garantías no momento da contratación

Gómez Besteiro destaca que “o inicio do programa ten que ser como a chave en man, é dicir, un coche que o encendes e funciona á primeira, e non vai por partes”. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, citou a 26 empresas da provincia adicadas ás novas tecnoloxías para informarlles do programa europeo Innova-TE, destinado á creación de emprego na provincia a través da implantación das TIC na institución provincial e nos Concellos da provincia. Gómez Besteiro destacou que “nos reunimos cos empresarios de Lugo para darlles conta deste programa que creará valor engadido á provincia e xerará riqueza”. Neste senso, o titular provincial subliñou que se trata dunha iniciativa sen precedentes na provincia e “coa que intentaremos buscar as maiores garantías no momento da contratación. O programa ten que ser coma a chave en man, é dicir, un coche que o encendes e funciona á primeira, e non vai por partes”. Deste xeito, a Deputación pretende evistar casos como os doutras Comunidades Autónomas na que se adxudicou o proxecto a moitas empresas, obtendo como resultado que se perdesen fondos e ter que repetir as contratacións en numerosas ocasións véndose mermados os presupostos orixinais. Programa Innova-TE O programa Innova-TE está destinado á creación de emprego a través da implantación das novas tecnoloxías e da Sociedade da Información nos Concellos da provincia. Para a posta en marcha do proxecto a Deputación conta co compromiso e apoio financieiro do Ministerio de Administracións Públicas e da Unión Europea. Este proxecto será clave para a provincia e nace coa vocación de ser unha referencia estatal e coa finalidade de crear emprego e garantir a implantación das novas tecnoloxías tanto nos Concellos como na propia Deputación. Dos proxectos presentados desde o organismo provincial é o que conta cun maior presuposto. En total, 9.095.000 euros, dos que o 70% serán financiados por fondos FEDER e o 30% polo INLUDES. Por outra banda, Innova-TE tamén será unha ferramenta básica para promover a cohesión do territorio en todos os Concellos, localidades e lugares, posto que os cidadáns disporán do acceso ás novas tecnoloxías independentemente do lugar no que se atopen. Comprende os 66 municipios da provincia, agás o de Lugo, e dará cobertura a 261.323 habitantes. O proxecto conta con 3 liñas de actuación: promoción económica, creando emprego e novos nichos laborais; fomento da sociedade da información; e dotación de equipamentos necesarios para a participación da cidadanía. Contempla a creación da Administración Electrónica, ou o que é o mesmo, a e-Administración, tanto na Deputación como nos Concellos, de equipamentos informáticos en toda a provincia, conectividade inalámbrica nas dependencias municipais, sinatura electrónica nos Concellos e realización de pagos e transacións e consultas persoais a través da rede. O proxecto tamén inclúe a creación dunha rede de portais wifi no ámbito da provincia, ademais da creación dun centro virtual de asesoramento empresarial e dun plan de seguemento e avaliación do proxecto no momento do comezo, durante e ó remate do mesmo. En canto ós resultados que se pretenden acadar, a Deputación estima os seguintes: o 85% no nivel de interacción das webs dos Concellos en canto á información xeral, o 60% na descarga de formularios xenéricos, o 40% na consulta de información personalizada e o 40% na realización do pago e transacción completa.