Deputación de Lugo

A Deputación abre o Campus de Lugo á iniciativa empresarial e á biomedicina

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial porá á venda unha finca da súa propiedade, ubicada no Campus, para o implantación dunha empresa de I+D+I no ámbito da biomedicina

Antonio Gato subliña que “a súa localización é axeitada para favorecer a investigación. Deste xeito, a Deputación contribúe a crear novos postos de traballo para os titulados universitarios” A Xunta de Goberno contrata as obras de remodelación da piscina de Chantada, incluídas no Plan de Obras do canon de 2009, por valor de 427.924 euros A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres o illamento da parcela que o organismo provincial ten no Campus de Lugo, ubicada ó carón do Colexio de Xordos, para a implantación dunha empresa no Campus lucense de I+D+I no ámbito da biomedicina. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “a Deputación pretende adicar esta parcela á instalación dalgunha empresa que se adique á biomedicina co fin contribuír ó desenvolvemento tecnolóxico do propio Campus. A empresa que resulte adxudicataria terá a obrigación de colaborar coa Universidade”. O solar ten 1.476,72 metros cadrados e sae cun prezo mínimo de 184.000 euros. Linda ó norte co polígono de Augas Férreas, ó sur coa rúa da Luz, ó leste coa rúa Bernardino Pardo Ouro e, ó oeste, coa parcela do Colexio de Minusválidos. Gato Soengas engadiu que “a súa localización é axeitada para favorecer a investigación. Deste xeito, a Deputación abre o Campus de Lugo á iniciativa privada ó tempo que contribúe a crear novos postos de traballo para os titulados universitarios”. O voceiro provincial socialista reiterou que o illamento da parcela é unha proba máis da boa relación que a Deputación sempre mantivo coa Universidade de Santiago de Compostela. “A Deputación sempre camiñou da man co Campus de Lugo. A colaboración coa USC está máis que xustificada co edificio de Enxeñería Civil que a Deputación construirá no Campus de Lugo ou coa posta en funcionamento da UNED”. Canon Chantada 2009 A Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace á contratación das obras de remodelación da piscina ó aire libre de Chantada por valor de 427.924 euros, e que se inclúen dentro do Plan de Obras de 2009. A anualidade deste ano inclú cinco grandes proxectos que van destinados á rexeneración de vías de núcleos rurais, ó desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación, ó aforro enerxético a través de enerxías alternativas e á revitalización de espazos públicos. Ó igual que o de 2008, o Plan de 2009 ascende a 1,6 millóns de euros. A través do canon, Chantada recibirá en tres anos preto de 5 millóns de euros. Deste xeito, a Deputación salda unha débeda histórica que arrastraba con este municipio dende hai 18 anos. Outros acordos da Xunta de Goberno Asimesmo, a Xunta de Goberno tamén aprobou 23 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2008, que suman 380.420 euros dos que a Deputación achega 179.808. Pertencen ós Concellos de Lugo (3), Begonte (2), Burela, Castroverde, Cervo, A Fonsagrada, Guitiriz, Láncara, Monforte de Lemos (2), Negueira de Muñiz, Pobra de Brollón (3), Ribadeo, Riotorto, Sarria, O Saviñao (2) e Viveiro. “Esta adxudicación está indo a un bo ritmo. Proba disto é que en todas as Comisións abordamos este asunto. Ademais, por primeira vez e dentro do mismo ano, estamos cumprindo o obxectivo da Deputación con respecto ó Plan de Comunidades Veciñais, que é ter xustificadas e realizadas todas as obras sen que se veñan arrastrando durante outros exercicios”, engadiu Gato Soengas.