Deputación de Lugo

As políticas da Deputación, exemplo de desenvolvemento sostible nun encontro nacional sobre medioambiente

Imaxe deputación de lugo
Lara Méndez participou III Encontro Local de Pobos e Cidades pola Sostibilidade que organizou a Fundación CONAMA en Sevilla

- A representante provincial defendeu a posta en marcha do proxecto enmarcado na Lei 45/2007 presentado polo Ministerio de Medio Ambiente - A Vicepresidenta Segunda dá conta de Km0, Lug02, Innova-TE e o Centro de Recría Granxa Gayoso-Castro nun encontro ao que asistiron 500 persoas A Vicepresidenta Segunda Deputación, Lara Méndez, participou este martes no III Encontro Local de Pobos e Cidades pola Sostibilidade que organizou a Fundación CONAMA en Sevilla e ao que asistiron unhas 500 persoas entre representantes de institucións, traballadores do ámbito local, ademais de expertos e investigadores do medioambiente de toda España. Lara Méndez foi unha das ponentes do debate sobre os obxectivos e as expectativas da Lei 45/2007, onde as políticas da Deputación foron un exemplo do desenvolvemento sostible do medio rural que busca esta normativa. A lexislación a tratar, aprobada polas Cortes en novembro de 2007, versa sobre a creación de emprego, a competitividade, e a potenciación do rural. Trátase dunha lei que busca mellorar a calidade de vida, o nivel de renda dos habitantes de pequenos núcleos de poboación no país, así como a conservación dos recursos naturais e do patrimonio cultural compatibilizando o desenvolvemento sostible e a biodiversidade. Durante o debate, representantes do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño avanzaron que o Goberno Central vén de facer público o proxecto enmarcado na lei 45/2007, dotado de 1.300.000 euros, e o que permitirá levar a cabo actuacións concretas para o desenvolvemento do medio rural en España. Para elo, cada Comunidade Autónoma terá que presentar obxectivos, delimitar as zonas de actuación, e financiar o 50% do que se execute. Lara Méndez defendeu a súa posta en marcha xa que beneficiará aos núcleos de poboación que non superen os 30.000 habitantes. Neste senso, a Vicepresidenta Segunda destacou que é un proxecto estratéxico para a nosa provincia na que só un dos 67 Concellos que a integran, o de Lugo, supera os 10.000 habitantes. Adianto á lei A Vicepresidenta Segunda da Deputación deu conta das iniciativas levadas a cabo polo organismo provincial dirixidas ao fomento da economía lucense. Neste senso, Lara Méndez subliñou que a Deputación adiantouse ao proxecto que estamos a debatir e apostou pola economía verde. Da mesma forma, explicou que mentras que a lei 45/2007 parte de que o campo é a fonte orixinaria de todos os recursos naturais representando o 90% do territorio de España, e do que vive o 20% da poboación, a Deputación orientou as súas políticas de actuacións ao medioambiente porque Lugo é unha provincia 100% natureza, con 3 Reservas da Biosfera avaladas pola UNESCO, que representan o 55% do territorio total da provincia, e onde o sector agrogandeiro xera o 60% do potencial económico. Lara Méndez explicou as principais liñas de actuacións de Km0, Lug02, Innova-TE, ou o Centro de Recría Gayoso-Castro, iniciativas creadas para fomentar a economía e o emprego de Lugo, e facer fronte aos datos sobre a perda de poboación que reflicten o primeiro Plan Estratéxico da provincia que elaborou o organismo provincial, a nosa folla de ruta nos vindeiros anos. Durante o III Encontro Local de Pobos e Cidades pola Sostenibilidade membros administración locais, colectivos medioambientais, e entidades relacionadas con esta materia, compartiron as súas liñas de actuación co obxectivo de que todos os Gobernos aposten polo desenvolvemento sostible. Lara Mendez agradeceu a invitación da Fundación CONAMA, e incidíu en que a Deputación vén como Concello dos Concellos de Lugo, para dar a coñecer unha provincia única que aposta polo medio ambiente como unha oportunidade económica, e para formarse sobre novas iniciativas que leven a Lugo novos proxectos ECOTURISTAS.