Deputación de Lugo

O Presidente de Cantabria fai en Lugo un treito do Camiño de Santiago, dentro de Km0 a Compostela

Imaxe deputación de lugo
Logo de que aceptase a invitación de Gómez Besteiro, Miguel Ángel Revilla coñeceu de primeira man o proxecto co que a Deputación se adianta ó Ano Santo

O percorrido, que transcorreu por un treito do Camiño Primitivo, incluíu unha visita polo contorno da Reserva da Biosfera Terras do Miño O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde da cidade, José López Orozco, e o titular do Goberno de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, fixeron un treito do Camiño de Santiago dentro programa Km0 a Compostela. O responsable do goberno cántabro aceptou a invitación de Gómez Besteiro e coñeceu de primeira man o proxecto co que o organismo provincial se adianta ó Ano Santo. O titular do organismo provincial agradeceulle a Revilla a súa participación nesta iniciativa coa que a Deputación se converte, ademais, na primeira adminitración que pon en marcha un programa organizado para promocionar os catro Camiños que pasan pola provincia de Lugo: o Francés, o Primitivo, o da Costa e o do Sur. “Esta es una oportunidad extraordinaria para crear empleo y mejorar la economía no sólo de Galicia sino también de los distintos Concellos por los que pasa el Camino. El último Xacobeo trajo a Galicia 4 millones de personas, y en la Diputación no quisimos dejar pasar esta oportunidad con la que generaremos riqueza en la provincia”. López Orozco destacou que “é un auténtico placer” recibir ó Presidente de Cantabria en Lugo. Así mesmo, trasladoulle que valora o seu traballo por “estar facendo algo ben en política, que sea respetada, querida, vista como algo natural grazas á tua actitude”. “Eres o segundo presidente que visita Lugo polo lo que celebramos a túa presenza e estamos agradecidos de que esteas celebrando o San Froilán connosco”. “Esperamos que en Lugo te atopes como na casa, pertencemos a dúas cidades que cada vez están más próximas grazas ó compromiso do Ministro de Fomento e a esa autovía do Cantábrico que cada vez nos acercará máis polo que tamén confiamos en que volvas a Lugo”, engadiu o rexedor municipal Neste senso, o Presidente cántabro avanzou que en xaneiro do próximo ano visitará Foz onde participará como pregoeiro na festa do berberecho. Na súa intervención Revilla expuxo: “estoy en Lugo porque el día de la toma de posesión de José Blanco como Ministro de Fomento, se me acercó el Alcalde y me dijo que sería una ilusión enorme que viniera a conocer Lugo. Yo soy poco dado a salir de Cantabria salvo a Madrid y Barcelona, pero mi mujer tiene raíces gallegas y me habla de Galicia y de su familia gallega y me ha dicho que quería estar aquí”. Km0 a Compostela Km0 a Compostela, formado por 25 rutas, é unha das alternativas da segunda etapa de Km0.Deputación de Lugo que está formada tamén por Km0 Xtreme e o Km0. Nesta fase, pásase de 88 rutas a 12. A segunda etapa rematará en xuño de 2010 e, nestes momentos, máis de 16.000 persoas xa se interesaron pola iniciativa, aínda que as previsións indican que cando remate a segunda fase chegarase ás 22.000. Da mesma forma, o titular do organismo provincial lembrou que, outras Deputación de España, así como, alcaldes asturianos que nos últimos días participaron en Km0, tamén amosaron o seu interese por este programa.“Esto demuestra que estábamos en lo cierto, que el medioambiente de Lugo es una oportunidad de negocio para la provincia. Con esta iniciativa, que se incluye en el programa Lug02, avalado por la Unión Europea, estamos contribuyendo a mantener 3.000 puestos de trabajo, algo que no es una cuestión menor teniendo en cuenta el momento de dificultad económica que estamos viviendo”. Un treito do Camiño Primitivo O Presidente de Cantabria foi recibido na Casa do Concello polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, e polos membros da Corporación Municipal, onde asinou no Libro de Ouro da cidade. A continuación, a comitiva oficial desprazouse ata o río Rato para percorrer un treito do Camiño Primitivo e amosarlle ó responsable cántabro unha das rutas de Km0 a Compostela que transcorren pola provincia. Gómez Besteiro explicou que “Lugo es la puerta de entrada por excelencia ya que, por la provincia, transcurren más de 800 quilómetros de peregrinación cara Santiago. En este punto, convergen dos de los Caminos que atraviesan Lugo: el Primitivo y el de la Costa”. No transcurso do encontro, Gómez Besteiro fíxolle entrega a Revilla dun lote de produtos autóctonos da campaña Lugo Sabe coa que o organismo provincial potencia o comercio e as empresas luguesas.