Deputación de Lugo

Gómez Besteiro clausura o III Encontro Galego de profesionais do Dereito Concursal

Imaxe deputación de lugo
null

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este venres o III Econtro Galego de profesionais do Dereito Concursal que, durante dous días, xuntou na Cámara de Comercio a destacados expertos de España nesta materia. Gómez Besteiro subliñou o feito de que Lugo fose este ano o escenario “dunhas xornadas galegas plenamente consolidadas”. O organismo provincial colaborou co Colexio de Economistas na organización deste encontro. Da mesma maneira, que esta entidade participou onte na conferencia Piratas y bucaneros: navegando entre las aguas turbulentas de la red, un encontro que acolleu a Deputación de Lugo e onde participou o enxeñeiro de Software e Seguridade en Microsoft USA, Ángel Prado Montes. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “o 2010 será o ano da tecnoloxía e do medio ambiente”, unha aposta do organismo provincial que se plasmará no Plan Extratéxico. Ao mesmo tempo, o titular da Deputación convidou aos participantes a coñecer Lugo, “unha provincia única en España con máis do 55 por cento avalado pola UNESCO”. O simposio, que se desenvolveu no Salón de Actos da Cámara de Comercio durante o 15 e o 16 de outubro, estivo organizado polo Colexio de Economistas de Lugo, o Rexistro de Economistas Forenses, o Consello Galego de Colexios de Economistas e a Cámara de Comercio de Lugo, especialistas abordaron temas como a Reforma da Lei Concursal, a Refinanciación e Convenio Anticipado, Aspectos Laborais do Concurso e os Créditos Concursais con Garantía. Os organizadores anunciaron que xa se está a preparar o IV encontro que se celebrará o ano próximo en Santiago.