Deputación de Lugo

A Deputación inviste máis de 1 millón de euros no Concello de Navia de Suarna

Imaxe deputación de lugo
- Gómez Besteiro visitou varias obras que o organismo provincial executou neste municipio dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2008 e coas máquinas do Parque Móbil

- Gómez Besteiro destacou que este Plan segue a ser un bo modelo porque inclúe obras pequenas que esixen a unión veciñal, e que non se poderían facer se non tivesen o apoio da Deputación O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse este martes ó Concello de Navia de Suarna no que o organismo provincial está a investir 1,1 millóns de euros. Gómez Besteiro, que estivo acompañado polo Alcalde da localidade, José Fernández Fernández, visitou varias obras que se acometeron no municipio da Montaña e entrevistouse con veciños da zona. A través do Plan de Comunidades Veciñais de 2008, Navia de Suarna recibiu da Deputación 33.814 euros, que serviron para mellorar o alumeado público de varias parroquias, entre elas a de Castañedo, onde o titular provincial foi recibido polos habitantes desta localidade. Gómez Besteiro destacou que este plan segue a ser un bo modelo porque inclúe obras pequenas que esixen a unión veciñal, e que non se poderían facer se non tivesen o apoio da Deputación. Neste senso, lembrou que xa aprobamos as axudas de 2009. Con cargo a esta anualidade a este Concello correspóndenlle 34.550 euros cos que executaremos máis obras en Navia de Suarna. O rexedor municipal agradeceu o esforzo da Deputación con este municipio porque esta era unha zona discriminada pola anterior goberno provincial. Estas obras son moi necesarias tendo en conta que Navia ten núcleos urbanos nos que só hai 10 veciños. A Deputación tamén colabora cos Concellos da provincia na mellora de estradas municipais a través do Parque Móbil. Neste Concello as máquinas da Deputación acondicionaron uns 15 quilómetros. O titular provincial supervisou a estrada de baixada a Marcelín de 2 quilómetros de lonxitude, e que foi acondicionada grazas ó sistema de cooperación do organismo provincial. A través do Parque Móbil tamén somos útiles para os municipios, xa que lles aforramos cartos no arranxo das estradas que son de titularidade municipal. Nestes momentos, as máquinas da Deputación están a traballar nos municipios da Pastoriza e As Nogais. Outros investimentos en Navia A Deputación tamén executou un treito de cinco quilómetros en aglomerado en quente na estrada provincial que vai de Muñiz a Rao. Esta actuación contou cun investimento de 280.000 euros. Asimesmo, dentro do mesmo vial e con cargo ó POS 2009 Complementario, está previsto continuar a súa mellora dende o punto quilométrico 5,000 ó 7,700. Neste caso, o custe das obras ascende a 285.384 euros. O organismo provincial tamén está a realizar outros investimentos neste municipio a través doutros Plans. É o caso do de Conservación Integral das Estradas Provinciais, a través do que Navia recibiu 381.481 euros. Este Concello tamén acomete a xestión de 137,352 quilómetros, o que supón un custe para o organismo provincial de 24.268 euros. Navia tamén recibiu dentro do Fondo Extraordinario Complementario do Plan E de 2008 10.987. Este Concello, con 1.490 habitantes, recibe tamén subvencións do Plan de Pequenas Infraestruturas para municipios de menos de 5.000 habitantes. Dentro desta iniciativa, en 2009 a Deputación achega 17.000 euros.