Deputación de Lugo

A Deputación desprega a 32 operarios e a 36 vehículos para atender as incidencias por choiva e vento

Imaxe deputación de lugo
Dende primeiras horas da madrugada, o dispositivo mobilizado traballa na retirada de árbores, asolagamentos e desprendementos rexistrados na rede viaria

Nestes momentos, permanecen pechadas ó tráfico 6 estradas nos Concellos de Begonte, A Fonsagrada, Pedrafita , Monforte de Lemos, Riotorto e Pantón A Deputación continúa a traballar nas estradas provinciais para atender as incidencias acontecidas durante as choivas e o forte vento rexistrado na madrugada de hoxe e que se prevé que continúe ata a fin de semana, e que provocaron caídas de árbores, asolagamentos nas estradas, así como desprendementos de terra e de muros que dificultaron a circulación en varios treitos da rede viaria provincial. En total, as empresas ás que se adxudicou a Conservación Integral están a actuar en viais de 22 Concellos, nos que están a traballar 32 operarios e 36 vehículos. Nestes momentos, permanecen cortadas ó tráfico 6 estradas provinciais: CP 0802, en Begonte; CP 1907, en Fonsagrada; CP 4504, en Pedrafita; CP 3201, en Monforte de Lemos; CP 4108, en Pantón; e CP 4404, en Riotorto. O temporal de vento e choiva ocasionou a caída de árbores e muros, o que provocou que non se poida circular por algunha destas vías e obrigou a que o Servizo de Vías e Obras despregase o maior número de efectivos para atender as incidencias ocasionadas polas fortes rachas. Rexistráronse caídas de pólas nas seguintes vías: 1601, en Castro de Rei; 6501, en Cospeito; 2303, en Begonte; 2925, en Lugo; 1611, en Castroverde; 708 e 1901 en Fonsagrada; 5303 e 4394 en Ribas de Sil; e 4702 en Pobra de Brollón; ademais de varias carreteras provinciais de Cervantes. Asolagamentos e desprendementos O temporal tamén provocou asolagamentos fundamentalmente nos viais dos Concellos da Terra Chá: Castro de Rei (CPs 1611, 1104,1105, 1107 e 1112), Cospeito (CP1106 e 1701), Outeiro de Rei (CP 2905, 3905 e 3907), Rábade (CP 5101); Begonte (CP 0802, que nestes momentos continúa pechada ó tráfico). Outras vías que se viron afectadas foron a CP 901, en Bóveda; a CP 2801, en Lourenzá; a CP 3201 (está cortada) e 3204, en Monforte de Lemos; a CP 4108 que discorre por Pantón e tamén está pechada ó tráfico, así como a CP 5901, en Sober; e varias vías de Monterroso. Polo que se refire ós desprendementos de terra e muros, as empresas ás que a Deputación adxudicou a Conservación Integral están a traballar a reo nos Concellos de Lourenzá (CP 2802), Mondoñedo (CP 3103, onde se rexistrou un muro caído), Riotorto (CP 4404, que permanece cortada nestes momentos); Guitiriz (CP 2303); Castroverde (CP 1611), Fonsagrada (CP 1907, que permanece cortada nestes momentos); As Nogais (CPs 3702 e 3704); Pedrafita (4503 e 4504, esta última está pechada ó tráfico); O Incio (rexistrouse un muro caído na CP 2401). Os traballos céntranse na limpeza limpeza das vías e retirada de terra. Para estas actuacións, o organismo provincial está a empregar 13 vehículos, 5 camións, 5 retros-mixtas e 13 motoserras. A Deputación continúa en alerta ante o temporal que está previsto que empeore no día de hoxe para atender calquera tipo de incidencia que poida xurdir na rede viaria provincial e garantir a seguridade dos viandantes.