Deputación de Lugo

As fotografías da artista lucense Carmen Llonín protagonizan a nova exposición da Capela de Santa María

Imaxe deputación de lugo
A Vicepresidenta Segunda da Deputación destaca na presentación da mostra a contribución do CENTRAD na formación dos artistas da provincia

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou este mércores a nova exposición que acolle a Capela de Santa María ata o 14 de abril. Trátase dunha mostra de fotografía da artista lucense Carmen Llonín composta por preto de 30 imaxes narrativas que buscan transmitir diferentes emocións. Lara Méndez destacou o feito de que otra artista lucense sexa a autora da exposición que organiza o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, e lembrou que as dúas anteriores mostras, La Barba del Vecino e Expomanga, tamén amosaron traballos realizados por artistas da provincia. “Ambas as dúas foron un éxito xa que lograron xuntar a unhas 1.500 persoas que descubriron que en Lugo temos moi bos artistas”, salientou. A responsable da área de Promoción Económica e de Emprego do organismo provincial explicou que a Deputación aposta pola arte lucense, e quere contribuír no seu impulso. Por iso, incidíu en que “a Capela, o epicentro cultural da cidade, amosa o traballo dunha artista que naceu e se formou en Lugo”. Carmen Llonín considérase unha artista autodidacta que elabora traballos moi variados malia que sempre relacionados coa natureza, e coas labores tradicionais. Realizou diferentes cursos, gran parte deles no CENTRAD. Neste senso, a Vicepresidenta Segunda salientou a contribución do Centro de Artesanía e Deseño na formación dos artistas da provincia. Apertura e horario O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurará este xoves ás 20:30 horas a mostra de Carmen Llonín. A exposición poderase visitarse ata o 14 de abril co seguinte horario: de 12:00 horas a 14:00 horas pola mañá; de 18:00 horas a 21:00 horas pola tarde; e de 18:00 horas a 21:00 horas as fins de semana.