Km0 visita esta semana ó encoro dos Peares e o Museo do Ferrocarril de Monforte de Lemos
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3877_1.jpg)
Veciños de Guitiriz, Pol e Lugo participan esta semana no programa de visitas institucionais e mediomabientais desta semana, na que se visitarán o Museo do Ferrocarril de Monforte de Lemos, a lonxa de Burela e o encoro dos Peares. A primeira ruta do mes de decembro partiu este martes do Pazo de San Marcos, onde o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a un grupo de amas de casa da asociación Bruma do Concello de Guitiriz. O programa continuou cunha visita ó Centro de Interpretación do Río Rato e ó Concello de Monforte de Lemos. Na capital da Ribeira Sacra visitarán o Pazo de Tor e o Museo do Ferrocarril e darán un paseo polas marxes do río Cabe. Mañá serán membros da Asociación de xubilados e pensionistas de Pol os que se desprazarán á Mariña. Previamente coñecerán a sede da Deputaicón e o Centro de Artesanía e Deseño. No norte da provincia darán un paseo pola zona da praia da Marosa, visitarán a lonxa de Burela, o Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen e subirán ata o mirador do Castelo. Por último, o xoves un grupo de veciños da Asociación Ponte da Chanca de Lugo visitarán o Mazo de Santa Comba, o encoro e o pobo dos Peares, e as Igrexas románicas de Santa María de Pesqueiras, no Concello de Chantada, e de Pombeiro, no de Pantón.