Deputación de Lugo

A Deputación completa a construción da Área Recreativa de Samos con 250.000 euros, aforrando este custe ó Concello

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro cumpre o compromiso asumido con este municipio, que supón o remate definitivo dunha dotación que levaba paralizada dende 2003
Grazas á colaboración do organismo provincial ponse fin a unha débeda histórica e a un procedemento que durante anos deixou sen piscinas ós máis de 1700 veciños que ten este municipio
O Deputado de Infraestruturas e o Alcalde inauguraron estas instalacións que permanecerán abertas ata o mes de setembro

O Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, e o Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, inauguraron este sábado, coincidindo coas festas patronais deste municipio, a Área Recreativa de Teiguín na que o organismo provincial investiu uns 250.000 euros, aforrando este custe ó Concello. Concretamente, a actuación da Deputación constou da construción dun edificio de servizos e dunha cancha de balancesto e fútbol sala. Esta última incluiuse dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) e o edificio exectuouse con fondos propios. O Deputado de Infraestruturas subliñou que “este é un exemplo máis da colaboración da Deputación cos distintos Concellos da provincia, con independencia do número de habitantes. O actual equipo de goberno provincial ten que subsanar todas aquelas deficiencias que deixarou o Partido Popular. A diferenza do que facían eles, nós presentamos todas actuacións rematadas. É dicir, a Deputación traballa, colabora e, ó mesmo tempo, remata as obras para que os veciños poidan desfrutar delas”. Deste xeito, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, cumpre o compromiso asumido nunha visita realizada con anterioridade a este municipio e, ó mesmo tempo, satisface unha vella demanda dos veciños, xa que esta actuación supón o remate definitivo dunhas instalacións que levaban paradas dende o ano 2003, debido a que o Concello non dispoñía das licenzas necesarias que esixe unha construción destas características que se atopa en solo rústico. Pola súa banda, o Alcalde manifestou a súa satisfacción pola actuación, “xa que entramos no goberno en 2007 e atopámonos cuns vasos construídos que nin sequera tiñan licenza. Isto fixo que botásemos arranxando papeis durante 2 anos para sacar o proxecto adiante. Grazas á Deputación construironse os vestiarios, xa que sen eles non poderiamos abrir estas piscinas”. Unha débeda histórica cumprida O igual que aconteceu coas piscinas de Castroverde, esta é era unha débeda histórica. As instalacións, que permanecerán abertas ata o mes de setembro, comezaron a construirse en 2003 e dende esa data nunca foron utilizadas. Ata que chegou o actual equipo de goberno ningunha administración fixo nada por rematalas, o que implicou que os máis de 1.700 veciños que ten este municipio quedasen sen piscina municipal durante sete anos. O edificio, de pranta baixa, inclúe zonas destinadas a vestiarios, primeiros auxilios, almacén e limpeza. As piscinas constan de dous vasos: un para adultos e outro para os máis cativos. Ademais, a área recreativa dispón dun polideportivo no que se poden practicar deportes como o baloncesto, fútbol sala ou tenis. Nas instalacións traballarán dous socorristas, en horario de 12:00 a 20:00 horas, alternándose con Sarria. O Alcalde tamén lembrou que as instalacións superaron todos os controis sanitarios tanto de auga como das condicións hixiénicas, realizados no día de onte. “Por tanto, garántense todos os parámetros de calidade e seguridade ós usuarios das mesmas”.