Deputación de Lugo

A Deputación promociona os Centros de Recría na XI Feira de San Isidro de Pol

Imaxe deputación de lugo
A través dun “stand”, o organismo provincial ofrecerá material informativo sobre os ambiciosos proxectos que se construirán nas instalacións de Castro de Rei

A Deputación promocionará os Centros de Recría que ten previsto construir na Granxa Gayoso Castro na XI Feira de San Isidro de Pol, que se celebrará esta fin de semana no Concello chairego. Deste xeito, o organismo provincial estará presente na cita festiva cun “stand”, no que se ofrecerá ós visitantes diverso material informativo sobre os Centros de Recría de gando frisón e de Raza Rubia galega que ten previsto construir este ano nas instalacións de Castro de Rei. A institución provincial está a traballar no que será o proxecto máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas en Galicia, e nunha nave de recría de vacún de carne nas instalacións desta granxa situada no Concello chairego. Precisamente, o proxecto do que será o primeiro centro público de gando frisón de España, atópase na Xunta de Galicia, na espera de que a administración autonómica conceda os permisos necesarios para poder iniciar as obras. As dúas iniciativas, que contan cun investimento de máis de 12 millóns de euros, permitirán ós gandeiros aforrar cartos ó non ter que recriar as cabezas de gando fóra da Comunidade. A feira celebrarase os días 8 e 9, e contará con numerosos actos que se desenvolverán ó longo da fin de semana. É o caso do pregón, que este ano correrá a cargo do doutorado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compoelta, Iván Rega Castro, e da desgustación no campo da feira de produtos elaborados pola asociación de mulleres rurais “Olvido”. Na cita festiva tampouco faltarán as actuacións musicais.