Deputación de Lugo

Gómez Besteiro confirma que a Deputación asinará a vindeira semana o convenio para a residencia da 3ª idade da Fonsagrada

Imaxe deputación de lugo
O Presidente subliña “chegar agora e dicirlle ós fonsagradinos que a Xunta vai a facela pero que está estudando as posibilidades económicas e chamarlles tontos á cara. Na política hai que ser austeros pero, sobre todo, serios e responsables”O titular provincial lamenta que o Presidente autonómico chegase tarde, “porque non se pode estar mareando dous anos. Fixo varias visitas á Montaña e nunca se lle ocurriu dicir que ía facer a residencia”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, respostou este xoves ás declaracións realizadas polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Fonsagrada onde manifestou o seu compromiso para construír a residencia da terceira idade. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “agora xa chegou tarde Feijóo porque aínda está estudando a posibilidade de como facer os cartos. Convido ó Presidente a que cando vén en calidade de Presidente que non faga o ridículo. Non se pode estar mareando a xente dous anos. Fixo varias visitas á Montaña e nunca se lle ocurriu dicir que ía facer esta infraestrutura. Agora que hai un mes que a Deputación, en colaboración co Concello, vai a facela vén tarde mal e arrastro”.

A este respecto, o máximo mandatario provincial confirmou que a vindeira semana asinará co Alcalde desta municipio, Argelio Fernández, o convenio de construción da infraestrutura para que poida ser licitada como as outras once que executará a Deputación nos Concellos de Meira, Pol, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Guitiriz, Riotorto, Pobra de Brollón, Ribas de Sil, Navia de Suarna, Trabada e O Saviñao. “Chegar agora e dicirlle ós fonsagradinos que vai a facela pero que está estudando as posibilidades económico e chamarlles tontos á cara. Na política hai que ser austeros pero, sobre todo, austeros e responsables. Hai moitas cousas que facer neste e outros municipios, pero o certo é que xa van dous anos e non levan traza de facer nada. Pola contra, nós pronto nos veremos alí para facer o comprometido”.