Deputación de Lugo

A Deputación iniciou hoxe o proceso de contratación do centro de despece de caza fonsagradino

Besteiro confirmouno na sinatura do convenio que permitirá construir na Fonsagrada a 1º sala pública en Galicia de despece de produtos cinexéticos, cumprindo o calendario establecido a pasada fin de semana O texto fixa que a Deputación investirá 300.000 euros na execución dos traballos, o Concello colaborará cos trámites e a Sociedade de Cazadores fonsagradina cederá os terreosO organismo provincial construirá un edificio de 506 metros2 con todo o equipamento necesario para o consumo ou a comercialización dos produtos cinexéticos de xeito directo

O titular provincial, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, e o Presidente da Sociedade de Cazadores de dito Concello da Montaña, Manuel López Fernández, asinaron este xoves o convenio para a construción no municipo fonsagradino do 1º centro público en Galicia de despece de produtos cinexéticos. Na actualidade só existe unha sala similar privada no coto de Xares (Ourense). Gómez Besterio confirmou que, cinco días despois da presentación desta revolucionaria iniciativa na Comunidade encamiñada a potenciar a economía e o emprego a través da caza, e cumprindo o calendario establecido, Deputación, Concello e Cazadores poñen en marcha este proxecto coa sinatura do convenio, coa aprobación do proxecto e o inicio da súa contratación hoxe mesmo, co fin de comezar a executalo en xuño.

O convenio establece que a Deputación levará a cabo as obras achegando para elo 300.000 euros. Pola súa banda, o Concello axilizará os trámites administrativos, mentres a Sociedade de Cazadores facilitará un terreo de 800 metros cadrados na rúa Rodas. Será neste espazo onde o organismo provincial construirá un inmoble de 506 metros cadrados con 2 prantas. Na baixa (253 metros2) situarase a propia sala de despece, así como as de refrixeración, os laboratorios, almacéns, lavado ou montacargas. Mentres, na primeira (253 metros2) estarán os departamentos de conxelado, envasado e equipos fríos. O edificio contará con todo o equipamento necesario para obter produtos en óptimas condicións hixiénico-sanitarias. Contará con profesionais como, por exemplo, veterinarios que avaliarán o estado dos produtos. Para asegurar o seu mantemento no futuro e aforrar enerxía, a Deputación instalará paneis solares na cuberta que aproveiten a enerxía fotovoltaica e abastezan á totalidade da edificación. Esta parte do proxecto supón un investimento de 85.000 euros.

Vantaxes

A iniciativa da Deputación vai máis alá da práctica da caza, creando oportunidades económicas e un novo nicho de emprego aínda sen explotar, a pesar de gozar dunhas condicións excepcionais en España. Outra vantaxe é a comercialización dos produtos autóctonos, potenciando a calidade dos alimentos lugueses. Por iso, o centro ofrecerá a posibilidade de preparar os produtos de tal xeito que estén listos tanto para o seu consumo directo, como para comercializar no mercado. O organismo provincial tamén aplicará técnicas de venda para impulsar a denominación de orixe dos produtos

Volume de negocio

Segundo a Federación Española de Caza, Lugo ten 160 TECOR, aglutinando máis do 30% dos galegos. Os lugueses son os de maior extensión na Comunidade e, o da Fonsagrada, un dos máis grandes de España con 43.000 heztáreas. A calidade das súas especies permite que, ademais dos 5.000 cazadores lugueses federados, reciba afeccionados de toda España e Europa.

Nos TECOR lugueses pódense atopar xabalís de 140 quilos e corzos cun peso medio de 35. Os expertos manteñen que a calidade destas pezas débese, fundamentalmente, á riqueza medioambiental dunha provincia onde o 55% do territorio é Reserva da Biosfera. A Federación Española de Caza sostén ademais que, esta actividade xera un volume de negocio anual en España de 5.000 millóns de euros, así como 10.000 postos de traballo, a maioría no rural pero. Nembargantes, malia ás posibilidades económicas dos produtos cinexéticos lugueses, a súa comercialización é practicamente inexistente.