Deputación de Lugo

A Fundación TIC presenta mañá os videoclip das bandas de rock ribadenses 'Sun Face' e 'Eskala Drinker'

Bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son, a única da provincia, realizou a gravación e montaxe destes dous traballos audiovisuais, apoiando así a estes grupos de Ribadeo para dar a coñecer a súa músicaO acceso ó acto de presentación, que terá lugar no cine teatro, ás 18:00 horas, é libre e gratuítoA Escola de Imaxe prepara tamén un documental sobre o proceso de gravación dun CD profesional de música que está facendo a coral do Conservatorio de Música de Viveiro

A Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, presentará mañá xoves, ás 18:00 horas, no cine teatro de Ribadeo, dous videoclips das bandas de rock “Sun Face” e “Escala Drinker”, da localidade mariñana. Bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son, o único centro das súas características na provincia, gravaron e montaron os clips, cos que a entidade axuda a estes dous grupos de recente creación e formados por mozos da zona a dar a coñecer a súa música, a custe cero para eles. O acceso ó acto de presentación é libre e gratuíto, polo que poderán asistir todas aquelas persoas que estean interesadas.

O vídeo musical de “Sun Face” titúlase “New Conclusions” e a súa rodaxe tivo dous escenarios: as rúas de Lugo, onde se aproveitaron diversas localizacións, como as inmediacións do restaurante Terras do Miño e as instalacións da perruquería Aluma.

Con respecto á “Eskala Drinker”, o clip titúlase “La Búsqueda” e tivo tres escenarios: o edificio do antigo hospital de Castro de Rei, as instalacións da propia Escola de Imaxe e Son e o parque Rosalía de Castro de Lugo.

Por outra banda, a Fundación TIC, a través da Escola de Imaxe, prepara un documental sobre o proceso de gravación dun CD de música profesional que están levando a cabo 37 integrantes da coral do Conservatorio de Música de Viveiro no estudo Miño Media, no polígono do Corgo, froito das xestións do alcalde, Melchor Roel, para que tivesen esta oportunidade sen custe algún para a agrupación.

A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audiovisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela”, da eurovisiva Lucía Pérez.