Deputación de Lugo

A Deputación impulsa ó exterior o sector agrogandeiro coa cesión de 120 novillas ás poxas de España

Son exemplares lucenses que Acruga leva á granxa Gayoso Castro para melloralos xeneticamente co fin de estender a raza e poñer en valor a calidade da provinciaEsta actividade logrou que as novillas de Lugo estivesen presenten nas principais poxas a nivel nacional e que o seu prezo se incrementase ata acadar unha media de 2.000 eurosAs últimas 7 cabezas que cede a Deputación estarán este sábado no XXXVI Concurso-Exposición de Gando Vacún da Fonsagrada que contará con outras 100 novillas da Comarca

A Deputación está a impulsar o sector agrogandeiro da provincia ó exterior mediante a cesión dun total de 120 exemplares lucenses de rubia galega ás poxas de España. Son as novillas que ACRUGA merca ós gandeiros da provincia e levala á granxa Gayoso Castro, dependente da institución, para recrialas e melloralas xeneticamente co fin de estender a raza e poñer en valor a calidade das cabezas de Lugo.

Esta actividade é froito dun convenio entre o organismo provincial e Acruga que converteu a de Lugo na 1º Deputación de Galicia e na 1º administración en España que ten unha colaboración desta índole. Dende a súa posta en marcha en 2008, o seu foi resultado cuantifícase nos preto de 350 exemplares que conforman o rabaño de elite que acolle as instalacións chairegas.

Estas novillas lucenses están a ganar cada vez máis prestixio no mercado nacional. Ano tras ano a súa demanda increméntase nas poxas nacionais. Por elo, a Deputación cedeu 24 exemplares en 2008, 27 en 2009, 42 en 2010 e 30 no que levamos de 2011. Isto permitiu, que as cabezas da provincia estivesen presentes na poxa nacional de Salamanca; en Pozo Blanco, Cordoba; Colmenar Viejo, Madrid; Trujillo, tamén na capital española; Zafra, Badajoz; así como na Semana Verde de Silleda ou en Adai, O Corgo, entre outras.

As últimas 7 cabezas rubia galega que cede a Deputación estarán este sábado no XXXVI Concurso-Exposición de Gando Vacún que acolle A Fonsagrada. Estas serán as novillas que se poxen pero, a maiores, haberá un total de 100 de rubia galega e rubia asturiana, todas elas de gandeiros fonsagradinos, que participarán no concurso e que optarán a 17 premios dotado de entre 200 e 400 euros.