Deputación de Lugo

A Fundación TIC difundirá ó exterior o VI Congreso Mundial do Xamón que acollerá Lugo cun DVD

Imaxe deputación de lugo
O vídeo enmárcase no convenio asinado entre a TIC e a Fundación de Pazos e Feiras e Exposicións de Lugo para promocionar o evento que, dende o 21 ó 23 de setembro, convertirá a Lugo na sede mundial do xamónO traballo audiovisual recollerá as poñencias dos especialistas e as novidades desta VI edición: o“ Show Cooking” que se terá lugar nos xardíns do Pazo Provincial e na Praza de San Marcos coincidindo coa súa inauguración, así como as rutas do Km0Bolseiros da Escola de Imaxe e Son participarán na elaboración do DVD, incrementando a súa formación práctica e real co fin de facilitarlles a inserción laboral

Bolseiros e técnicos da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación, gravarán e realizarán un vídeo promocional, recollendo as principais actividades da VI edición do Congreso Mundial do Xamón que se desenvolverá na capital lucense o 21, 22 e 23 de setembro, reunindo os mellores especialistas, produtores e comerciantes do mundo do xamón.
A iniciativa enmárcase dentro do convenio de colaboración que a TIC vén de asinar coa Fundación Pazo de Feiras e Exposicións, entidade organizadora do evento xunto á Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL), para promocionar o evento ó exterior. Deste xeito, repartirase unha copia do audiovisual a cada un dos representantes das 10 denominacións de orixe que existen do producto en España para a súa difusión no país.
No DVD incluiranse as actividades máis destacables do amplo programa que o Comité organizador deseñou para converter Lugo no principal destino gastronómico e turístico do mundo. Asimesmo, ademáis das poñencias científicas cos expertos máis prestixiosos do sector porcino a nivel internacional, no traballo audiovisual recolleranse todas as demostracións, degustacións e novidades coas que conta a cita. Por exemplo, o “Show Cooking”, un espectáculo que inclúe demostracións en vivo de pratos con carne de porco celta e desgustacións de xamón, que terá lugar nos xardíns posteriores do Pazo Provincial, así como na Praza de San Marcos, escenario que se inaugurará ese mesmo día, aproveitando a afluencia de cidadáns. No DVD tamén figurarán as visitas especiais de Km0.Deputación de Lugo deseñadas para esos días.
A colaboración da Fundación contribúe a difundir a gastronomía, a cultura e os principais atractivos turísticos que ten Lugo e a súa provincia. A maiores, con esta iniciativa a institución provincial cumpre máxima prioridade da TIC: ofrecer formación práctica real ós bolseiros e antigos alumnos da súa Escola de Imaxe e Son co fin de que este tipo de participación lles abra novas oportunidades cara o mundo laboral.