Deputación de Lugo

Gómez Besteiro acordou modificar o Regulamento de Honras e Distincións para a retirada dos títulos da provincia a Franco

O Presidente presentou na Xunta de Voceiros unha proposta de modificación baseada na aplicación da Lei da Memoria Histórica, na igualdade de xénero e na adaptación ó galego A iniciativa de Besteiro, que non necesitaba do apoio unánime senón dunha maioría para tramitarse, levarase ó vindeiro Pleno, logo exporase ó público e aplicarase na primaveraIsto permitirá ó Goberno provincial despoxar dos títulos da provincia ó dictador, á Falangue e a Pilar Primo de Rivera logo de que o impedise o PP na pasada sesión plenaria

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este xoves a reunión extraordinaria da Xunta de Voceiros que se celebrou no Salón de Xuntas do Pazo de San Marcos e na que tamén participaron Manuel Martínez (PSOE), Mario Outeiro (BNG) e Jesús Carreira (PP). Trátase dun encontro no que, a proposta de Gómez Besteiro, se abordou a modificación do Regulamento de Honras e Distincións da institución para actualizar e modernizar dita normativa pero, principalmente, co obxectivo de que prospere a retirada de títulos da provincia a Franco, á Falange e a Pilar Primo de Rivera que, dende 2009, tenta o Goberno provincial e que, ata hoxe, frustrou o Partido Popular. Para elo, o Presidente presentou na sesión unha proposta baseada na aplicación da Lei da Memoria Histórica, na igualdade de xénero e na adaptación ó galego, que contou co apoio dos voceiros socialista e nacionalista, así como da abstención do representante do Partido Popular.

Ó final da xuntanza, Gómez Besteiro avanzou que “temos unha proposta que xa irá ó Pleno deste mes, unha proposta favorable no sentido de que PSOE e BNG votaron a favor da mesma, mentres que o PP se abstivo, feito que non quere dicir nada. Eu aínda espero, sinceramente, que o Partido Popular vote a favor desta modificación na próxima sesión plenaria”. Deste xeito, tal e como anunciou o Presidente, esta proposta de modificación do Regulamento de Honras e Distincións, que non necesitaba da unanimidade da Xunta de Voceiros para iniciar a súa tramitación e facerse realidade ó ser suficiente unha maioría, será levada ó vindeiro Pleno. Posteriormente, exporase ó público para posibilitar a presentación de posibles alegacións ó respecto, permitindo a súa aplicación na primavera.

O titular provincial tamén explicou “que esta proposta basease en 3 aspectos fundamentalmente. Primeiro, establécese unha vinculación más directa coa Lei da Memoria Histórica. É dicir, no caso de que entre en confrontación con este normativa, regularase en base ó réxime de maioría e, polo tanto, non será necesaria a unanimidade. Segundo, cámbianse todas aquelas expresións que non son conformes coa normativa de igualdade de xénero. Finalmente, adecuase a nosa lingua. Temos todos os texto adaptados ó galego e esta non podía ser unha excepción. En definitiva, modificamos o Regulamento que nos permitirá retirar os títulos, previsiblemente, na primavera”.

Modificacións propostas por Besteiro

A iniciativa do Presidente conleva as seguintes modificacións:

1º CAMBIO: Ó artigo 15.1, que dicta “Todos los honores y distinciones contenidos en este Reglamento, cualesquiera la fecha en que hubiesen sido concedidos, podrán ser rebocados mediante procedimiento de revisión de oficio y acuerdo del órgano ejecutivo otorgante en la misma proporción mantenida para su concesión, cuando por cualquier circusntancia suficientemente motivada los beneficiarios desacrediten el honor o distinción conferida”, engadirase o seguinte: Exceptuarase desta regra aqueles supostos nos que así veña disposto na normativa de aplicación, e en concreto, no establecido na Lei 52/2007 do 26 de decembro: Lei de Memoria Histórica, en cuxo caso se estará ó réxime xeral de maiorías. É dicir, xa non será necesaria a unanimidade senón que será suficiente unha maioría para a retirada do título de Presidente de Honra da Deputación e da Medalla de Ouro a Franco, distincións que lle foron concedidas en 1944 e 1958 respectivamente, así como para que a Sección Feminina, o Fronte de Xuventudes da Falange e Pilar Primo de Rivera non conservan as súas Medallas de Ouro.

2º CAMBIO: Ó artigo 15.5, que versa “El alcance de las normas y disposiciones recogidas en el presente Reglamento queda limitado al ámbito de la provincia y sometido a la legislación vigente de rango superior, incorporándose al mismo aquellas disposiciones de superior jerarquía que se promulguen y afecten a su contenido”, engadirase: En especial ó idioma e á igualdade de xénero, sen que para iso sexa precisa a tramitación do procedemento de modificación do presente Regulamento. Isto conleva a tradución da totalidade da normativa de Honras e Distincións da Deputación ó galego.

3º CAMBIO: Ó artigo 13.4, que dice “Los diputados/as, por su parte, ostentarán como atributo a la representación de su cargo, una Medalla específica. Será idéntica a la de Presidencia, pero en anverso orlando al pie con la inscripción: Diputado”, engadirase ó final ou Deputada.

4º CAMBIO: Dando cumprimento á normativa aprobada pola Xunta, concretamente ó Decreto nº 76/2009, que afecta á bandeira da institución, substituirase o último párrafo do artigo 13.2 por “pano dividido en dúas franxas horizontais de azul e de vermello. No pano delimitado polos terzos vertical e horizontal do centro: sobre a franxa de azul, un cáliz de amarelo sumando da sagrada forma radiante da mesma cor, flanqueado por dous anxos orantes en cada lado sobre nubes e enfrontados de branco; e sobre un pano vermello, unha torre torneada de branco flanqueada por dous leóns enfrontados de amarelo.

Negativo do PP

O Goberno provincial iniciou o proceso da retirada de mencionados títulos en 2009, coincidindo coa Lei de Memoria Histórica, e contou sempre coa abstención do Partido Popular. Deste xeito, hai 3 anos, os populares abstivéronse na votación ó respecto do inicio deste proceso administrativo, feito que non impediu que continuase a súa tramitación. No pasado e último Pleno de 2011, no mes de decembro, o PP mantivo a mesma postura impedindo, agora si, a súa continuidade debido o que, na actualidade, dicta o artigo 15.1 do Regulamento de Honras e Distincións da Deputación. Ante esta situación, o Presidente viuse na obriga de realizar un profundo estudo desta normativa para atopar alternativas legais que permitisen, dunha vez por todas, a retirada de honras da provincia ó dictador, así como á seccións ou representantes do franquismo, co obxectivo de rematar con calquera vestixio dun réxime que deixou na provincia unhas 5.000 víctimas. Agora, unha vez realizada esta complexa modificación e malia contar, unha vez máis, coa abstención do PP na xuntanza de hoxe, o Goberno provincial poderá, finalmente, retirar estes títulos.