Deputación de Lugo

A Deputación esixe á Xunta a apertura da Ronda Leste logo de que se quintuplicase o tráfico no paseo do Rato

Imaxe deputación de lugo
O Presidente enviou hoxe unha carta ó Conselleiro de Infraestruturas para que cumpra o compromiso político de abrir o principal acceso ó HULA e fixe os seus prazos, evitando a circulación innecesaria no Paseo do Rato Martínez denunciou que ante o incumprimento do Goberno galego a cidadanía fai dun paseo que dá acceso a unha área recreativa unha circunvalación Tras intensificar a sinalización no Paseo, a institución solicitou ó Concello de Lugo controis de velocidade na zona e mellorará o mantemento mediante o Plan de Conservación ordinario

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, avanzou este venres que o Presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, remitiu hoxe unha carta ó Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández, na que lle pide que cumpra o compromiso político de abrir o treito da circunvalación denominada Ronda Leste que comunica directamente co HULA. Esta petición prodúcese logo de que varios estudos realizados polos técnicos provinciais constaten que o paseo do Rato quintuplicou o seu tráfico dende a apertura do Hospital, disparándose dos 650 vehículos diarios ós 3.500, densidade que aínda vai en aumento. Martínez explicou que isto supuxo “unha situación extraordinario nunha zona onde antes só se podía rexistrar algún accidente puntual. Como o Goberno galego incumpriu a súa palabra e a Rolda Leste segue pechada, a xente busca atallos para chegar ó Hospital, empregando, non unha estrada provincial ou unha autovía, senón un paseo que dá acceso a unha área recreativa. Coa apertura da Rolda Leste e respetando a sinalización que instalamos remataríanse os problemas no Rato”, sentenciou.

O tamén responsable do departamento de vías e obras da institución adiantou que, como nova medida para incrementar a seguridade no paseo, a Deputación xa solicitou ó Concello de Lugo, responsable do tráfico urbano, controis de velocidade na zona. Ademais, a institución mellorará o seu mantemento mediante o Plan de Conservación ordinario.

Estas actuacións engádese ás xa realizadas polo organismo provincial que consistiron, en primeiro lugar, na execución dun Plan de Sinalización que incluíu a colocación de hitos quilométricos, así como de sinais horizontais e verticais, STOPs, curvas perigosas, biondas e protección de motoristas. Posteriormente, baixouse a velocidade ó mínimo, 30 ou 50 segundo os treitos, e situáronse sinais de perigo indefinido, pavimento deslizante, ceda o paso e curvas perigosas.

Fixar prazos

Na carta, o Presidente tamén insta ó Conselleiro a fixar e dar a coñecer os prazos para apertura da totalidade da Ronda Leste. Neste senso, Martínez apuntou “repito, se o Goberno galego abre a Rolda Leste e se respeta a sinalización non haberá problemas no Paseo do Rato”. O Deputado lembrou ademais, que a califa non está prohibida, que é un material que se emprega en estradas de todo o país e que a Deputación “cumpre escrupulosamente” a lei que marca a porcentaxe que debe aplicarse.