Deputación de Lugo

Constituídos os órganos de Goberno do INLUDES con 14 novos membros de PSOE, BNG e PP á proposta de Gómez Besteiro

Son o Consello Reitor e a Comisión Executiva, equivalentes ó Pleno e á Xunta de Goberno, renovados tal e como establecen os Estatutos logo dos cambios na Corporación provincialComo exercicio de transparencia, o Presidente nomea a vogais dos 3 partidos políticos, converténdoos en parte responsable das iniciativas socioeconómicas do InludesOs primeiros e inmediatos cometidos dos novos órganos de Goberno serán a aprobación do Orzamento para 2012 e a posta en marcha da 2º fase das obras do Centro de Recría

O INLUDES acolleu este mércores a sesión constitutiva do Consello Reitor e a Comisión Executiva. Son os órganos de Goberno de dito organismo dependente da Deputación, equivalentes ó Pleno e á Xunta de Goberno provincial respectivamente, que foron renovados tal e como establecen os Estatutos do Instituto Lucense logo dos cambios na Corporación lucense. Están formados por un total de 14 membros que, á proposta do titular provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e como exercicio de transparencia na Deputación, pertencen ós tres partidos con representación na institución, facendo que PSOE, BNG e PP sexan parte responsable das iniciativas impulsadas dende o INLUDES. Todas elas buscan o desenvolvemento económico e social da provincia e céntranse nas seguintes áreas: emprego, formación ocupacional, sectores agropecuario e rural, PEMES, autónomos, emprendedores, novas tecnoloxías e artesanía.

Segundo marcan os Estatutos, o Consello Reitor debe estar composto polo Presidente e o Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga Outeiro, así como 12 vogais nomeados polo máximo mandatario provincial: outros 6 membros da Corporación e 6 persoas coñecedoras da problemática socioeconómica da provincia que propoñan solucións para o conxunto do territorio lucense.

Deste xeito, logo do consenso cos grupos políticos e de avaliar os perfís dos candidatos tendo en conta as áreas de actuación do INLUDES, Besteiro nomeou para o Consello Reitor á Vicepresidenta Segunda e responsable da área de Emprego, Economía Sostible e Demografía da institución provincial, Lara Méndez; á Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín; á Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García; ó Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández; ó Deputado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro; á Deputada do PPdeG, María Elena Candia; así como a Horacio Rouco, Manuel Dacosta, Miguel Ángel Vilar, José Luís Devesa e Luís Benito Camilo Eyre Diéguez.

Pola súa banda, os integrantes da Comisión Executiva son Gómez Besteiro, Veiga Outeiro, Lara Méndez, Pilar García e José Fernández. Estes reuniranse en sesións ordinarias mensuais mentres o Consello Reitor farao de xeito trimestral.

Entre os principais e inmediatos cometidos dos novos órganos de Goberno do Inludes atópanse a aprobación do Orzamento para 2012 ou a posta en marcha da segunda fase das obras do centro de recría na Granxa Gayoso Castro.