Deputación de Lugo

A lo menos outras 225 empresas turísticas e produtos autóctomos contarán coas marcas da Deputación, Lug02 e LugoSabe

É o mínimo que deberá ofrecer a adxudicataria do proxecto que, como novidade, a institución estende a establecementos de toda a provincia, incluíndo máis actividades de promoción e puntos de venda a custe cero para os beneficiados grazas ós fondos europeosCumprindo co compromiso do Presidente e coa máxima axilidade, a Xunta de Goberno contratou as obras adicionais da piscina de Sarria para que esta instalación esté lista en novembroSobre os últimos recortes do PP, Martínez subliñou que en “un pensionista que cobre 500 euros, a maioría en Galicia, terá que decidir se merca comida ou medicamentos. Isto é unha redución de pensións encuberta. Aplican estas medidas mentres benefician ós amigos cunha anministía fiscal”

A lo menos outros 225 establecementos da provincia acadarán sen custe algún as marcas da da Deputación LugoSabe e Lug02, poñendo en valor os seus negocios e xerando riqueza na provincia. A Xunta de Goberno aprobou este venres os trámites necesarios para que, como mínimo, 100 novas empresas turísticas luzan este ano o selo Lug02 e 125 novos produtos autóctonos o de LugoSabe. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que ó número de beneficiados pode incrementarse con dependencia das ofertas que presenten as entidades que opten á adxudicación deste proxecto. Neste senso, tamén destacou que, nesta convocatoria, o organismo provincial estende a iniciativa a establecementos toda a provincia. Ata o de agora e por obriga comunitaria, podían solicitar estes distintivos os negocios situados nos 37 Concellos que integran as Resevas da Biosfera –Terras do Miño, Os Ancares e Eo-Oscos-Terras de Burón- e da Comarca do Courel.

Deste xeito, a sesión acordou a posta en marcha dos procesos de contratación das auditorías que deberán superar os establecementos interesados en contar con selos da Deputación. Son rigorosas avaliacións, que teñen que ser realizadas por empresas especializadas e acreditadas. Estas entidades deberán, ademais, asesorar ós negocios solicitantes para cumprir os requisitos. Estes son, no caso de Lug02, é dicir o selo para empresas turísticas tales como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comercio, os seguintes: contar con servizos óptimos como accesos para persoas con discapacidade, material informativo en todos os idiomas, infraestruturas de calidade ou atención de persoal cualificado; garantir a conexión a Internet; favorecer o emprego de fontes de enerxía renovables; reducir a xeración de residuos, o consumo da luz, agua; incluír medidas encamiñadas á educación ambiental e á sensibilización co entorno natural, así como puntos de comercialización de produtos LugoSabe, de alimentos coa Denominación de Orixe, coa Indicación Xeográfica Protexida ou rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia –CRAEGA-. Por exemplo, no caso dun restaurante ou dun hotel, deberase incluír no menú o consumo destes produtos e mesmo ter lugares de venda.

Para que 125 novos produtos autóctonos teñen a marca LugoSabe, as adxudicatarias deberán asegurar que estes alimentos sexan sometidos a rigorosas prácticas hixiénicas e de control en toda a cadena de fabricación: produción, envasado, envalaxe, almacenamento e distribución.

Renovación de marcas

40 produtos autóctonos e 20 empresas turísticas acadaron os distintivos da Deputación na primeira convocatoria desta iniciativa. Agora, deberán renovar este distintivo en novas auditorías. Por iso, a Xunta de Goberno tamén iniciou o proceso de adxudicación dun servizo que inclúe formación ó persoal provincial para que, “optimizando recursos e aforrando custes”, sexan os propios traballadores da institución quen, posteriormente, realizen as auditorías de renovación. Para elo, ademais de recibir clases teóricas, os técnicos da Deputación xa acompañarán ós especialistas nas primeiras revisións das marcas.

Promoción e aumento das vendas

Os case 300 establecementos que, como mínimo e sen custe algún, teñan os selos da Deputación (os 40 produtos autóctonos que xa posúen LugoSabe e os 125 vindeiros, así como as 20 empresas turísticas Lug02 e as próximas 100) beneficiaranse, tamén de xeito gratuíto, de iniciativas para a súa difusión. Deste xeito, a sesión tamén aprobou a posta en marcha da contratación dun programa de potenciación que inclúa: a creación de novas rutas turísticas ambientais e gastronómicas, así como o impulso das existentes -por exemplo, incluíndo a ruta do viño da Ribeira Sacra dentro das rutas vinícolas de España-; a participación en recoñecidas feiras e eventos, ademais da creación doutros; a realización de campañas divulgativas; ou o incremento dos puntos de promoción e venda. Ata o de agora, 14 establecementos de Cemar, Casfetore e La Palloza Gallega, situados en puntos estratéxicos da provincia, concretamente en 4 estacións de servizo da A-6 pola que a cotío discorren 10.200 usuarios, así como na Coruña, venden produtos LugoSabe. A maiores, unha ducia destes alimentos tamén se poden adquirir na plataforma de comercio electrónico da Deputación, losproductosdelugo.com, onde, ademais, tamén se dan a coñecer outros tantas empresas turísticas Lug02.

O Boletín Oficial da Provincia publicará nos vindeiros días as bases das tres iniciativas aprobadas hoxe en Xunta de Goberno. O seu orzamento total é de 370.000 euros, procedentes dos fondos europeos. E é que estes proxectos inclúense no Lug02, o programa que xera riqueza na provincia co medioambiente, dotado de 6,5 millóns de euros, cofinanciados nun 70% pola Unión Europea.

Máis formación

Precisamente, con fondos europeos, concretamente con 235.400 euros do Innova-TE, o programa tecnolóxico tamén cofinanciado nun 70% pola Unión Europea, a sesión acordou o inicio do proceso de contratación durante 2 anos do servizo de mantemento das complexas e innovadoras infraestruturas e dotacións que fixeron posible levar a administración electrónica e a banda longa ós Concellos dende as instalacións da Deputación. Este servizo inclúe a maiores formación para os técnicos provinciais para que, “optimizando recursos e aforrando custes”, se especialicen e logo asuman estas tarefas.

Piscina de Sarria

Tal e como avanzou a semana pasada o Presidente, José Ramón Besteiro, a Xunta de Goberno aprobou as obras adicionais da piscina de Sarria con 307.000 euros, que financia a Deputación á excepción de tan só 8.500 euros que achega dito Concello. Os traballos consisten na construción dun muro perimetral, que evite as filtracións de auga na piscina. En total, mediante o Plan Extraordinario de Obra Pública, a Deputación inviste nestas actuacións 1,4 millóns de euros. Martínez destacou que “trátanse duns traballos cos que, ademais de dotar ós veciños dun servizo que levan demandando hai máis de 20 anos, contribuimos a manter 50 empregos, os dos traballadores que están a construír esta infraestrutura”. O voceiro salientou que “cabe destacar a axilidade coa que resolvemos este proxecto. Lembrarán que o Presidente e o Alcalde acordaron en decembro a súa modificiación, incluíndo uns traballos que debería sufragar o municipio tendo en conta o convenio asinado pero que se comprometeu a asumir Besteiro. Pois ben, o Concello tardou 3 meses en realizar os cambios. Nembargantes, nós rematamos cos trámites en só 21 días. Na Xunta de Goberno do 23 de marzo aprobamos a modificación do proxecto e hoxe mesmo as obras adicionais. Isto permitiramos ter lista a piscina de Sarria en novembro”.

“Redución de pensións encuberta”

Ó respecto dos últimos recortes do Goberno Central, apoiados pola Xunta de Galicia, Martínez indicou que “unha vez máis Rajoy minte. Dixo que non ía a facer recortes en servizos sociais, nin en edución nin en sanidade, e agora estamos a ver os resultados, que non nos sorprenden porque son froito das políticas do Partido Popular. Foi vergonzo ver como os membros do PP se mozagan mentres anunciaban medidas que afectan os que menos recursos teñen. Agora, un pensionista que cobre 500 euros, a maioría en Galicia, terá que decidir se merca comida ou medicamentos. Isto é unha redución de pensións encuberta. O único que fixo o PP dende que dirixe a Xunta e o Executivo de España foi que as súas súplicas porque chovese se cumprisen. Aplican medidas inxustas e innecerais mentras benefician os seus amigos cunha aministía fiscal”.