Deputación de Lugo

O Centro de Artesanía e Deseño remata os obradoiros infantís gratuítos de Nadal, nos que participaron 60 cativos

Regina Polín entregou os diplomas ós 30 rapaces da segunda e última quenda da programación do CENTRAD que, dado ó éxito obtido, reeditarase en tempadas vacacionaisGrazas ós talleres, os nenos achegáronse a un sector de tanta tradición e importancia na provincia como é o da artesanía elaborando coas súas propias mans pezas de traxe rexional en miniatura, instrumentos musicais, papel e pequenas caixas de madeira tapizadas

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, entregou este xoves os diplomas ós 30 rapaces da segunda e última quenda dos obradoiros infantís gratuítos que organizou por primeira vez o CENTRAD no Nadal. Deste xeito, conclúe a programación de actividades, que obtivo un rotundo éxito pois as 60 prazas dispoñibles cubríronse tan só nunhas horas. Tendo en conta esta extraordinaria acollida e a satisfacción amosada tanto polos rapaces como polos propios pais, o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación volverá a organizar novas actividades dirixidas ós rapaces en próximas temporadas vacacionais, como o Entroido ou a Semana Santa. Isto permitirá continuar impulsando entre os máis novos un sector con tanta tradición e importancia na provincia, ademais de contribuír á conciliación da vida familiar e laboral.

En total, 60 nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos se beneficiaron desta iniciativa, coa que a Deputación introduciu ós máis pequenos na artesanía da man de nove profesionais do sector. Durante obradoiros, que arrancaron o 23 de decembro e terminaron hoxe, os rapaces elaboraron coas súas propias mans pezas de traxe rexional en miniatura, instrumentos musicais como o asubío, papel e pequenas caixas de madeira que tapizaron con telas de cores.