Deputación de Lugo

Díaz Valiño participa na presentación do proxecto para a construción do 1º viveiro de naves industriais no Concello de Lugo

A iniciativa está configurado para a creación de 4 espezos diferentes, 2 con características de laboratorio e os outros 2 máis industriaisA encargada de facer o estudo de necesidades foi a empresa pública asturiana Valnalón que dispón de gran experiencia neste terreoPorase a disposición dos emprendedores a través do sistema de aluguer con dereito a compra ao cabo de 4 anos

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, participou este mércores na presentación oficial do proxecto de promoción de naves industriais para o aluguer a emprendedores no Concello de Lugo, que realizou o Alcalde de dito municipio, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a Directora Xerente de Valnalón, Marta Pérez, e o Director Área Promoción de Valnalón, Laudino Fernández.

López Orozco salientou que o que “se vai presentar hoxe é o traballo de estudo que estivo desenvolvendo a empresa Valnalón, cunha gran experiencia, co fin de que os emprendedores poidan ocupar esas naves en réxime de aluguer e así poder desenvolver a súa idea empresarial”. Neste sentido, o Alcalde, explicou que “esto hai que compaxinalo coa libre competencia xa que estamos falando dun polígono industrial no que xa hai instaladas numerosas empresas, polo que debemos evitar a competencia desleal”.

Por este motivo, o rexidor explicou que este proxecto enmarcado na Rede Mercurio, divídese en catro fases: estudio de necesidades, búsqueda de finanzamento, construción das primeiras naves e adxudicación das mesmas aos emprendedores. “Só o espírito emprendedor é o que nos vai axudar a remontar a crise e dende as administracións temos a obriga de amparar e darlle a colaboración as persoas que loitan por sacar adiante proxectos empresariais” lembrou López Orozco.

A Directora Xerente de Valnalón referiuse a que este proxecto baséase na construción de catro naves de aluguer con opción de compra ao pasar os primeiros catro anos. Esta modalidade, moi usada no Principado de Asturias, tivo unha gran acollida e moi bos resultados na comunidade veciña, segundo destacou Marta Pérez. Asi, os emprendedores, tras o pago da cota de aluguer fixada na fórmula de financiación e, tras un periodo máximo de 12 anos, pasarían a ser propietarios da nave. Tamén se estableceu un periodo de compra anticipada a partir do cuarto ano de aluguer de cara a conseguir un periodo de recuperación da inversión no máis breve espazo de tempo.

Pola súa parte, Laudino Fernandez, realizou unha descrición das cualidades técnicas do proxecto. Así, nese espazo de 2.380 metros cadrados, construiránse catro espazos diferentes de entre 500 e 750 metros cadrados, dous deles para uso máis industrial e os outros dous orientados de cara á instalación de laboratorios. O prezo do metro cadrado varía entra as diferentes modalidades, así o destinado á laboratorios é de 580 euros ao mes, e o destinado á industria é de 470 euros/mes. En todo caso, os emprendedores non terían que realizar investimento ningún nas naves, agás na compra da maquinaria ou produtos que precisen para desenvolver a súa actividade.

Con esta iniciativa os emprendedores lucenses disporán de espazos industriais máis grandes para desenvolver os proxectos iniciados nos viveiros de empresas da cidade.