Deputación de Lugo

A Deputación pechará ó tráfico por obras un treito da estrada 3508 en Navia a partir do 9 de abril

Imaxe deputación de lugo

A Deputación pechará temporalmente ó tráfico un treito da vía provincial LU-P-3508, a que discorre de Rao a Valouta por Murias, no Concello de Navia de Suarna, para levar a cabo labores de acondicionamento desta vía provincial.

Os cortes produciranse de 9:00 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:30 horas en días laborais, a partires do luns, 9 de abril. O motivo é o estendido de aglomerado entre os puntos quilométricos 0,00 e 7,41. Previsiblemente, os traballos prolongaranse ata o vindeiro día 20.

A institución provincial habilitará rutas alternativas, debidamente sinalizadas, para os usuarios deste vial.