Deputación de Lugo

O periodista e presentador lucense Liborio García será o mestre de cerimonias da Gala Lvcvs Moda

Este profesional dos medios lucense será o encargado de presentar o evento que contará coa presenza dun deseñador de prestixio internacional que se coñecerá proximamenteMáis de cen profesionais participan directamente nunha cita que como en anteriores ocasións será retransimitida por medios de comunicación nacionais e internacionaisOs interesados en asistir poderán facerse con algunha das entradas que aínda están á venda no Servizo de Protocolo da Deputación e nas tendas dos deseñadores presentes no evento

Hoxe descubriuse outra das moitas sorpresas que garda a 3ª edición da pasarela Lvcvs Moda. Liborio García será o encargado de presentar a gala da moda lucense que se celebra o vindeiro 8 de maio ás 21: 00 horas no Círculo das Artes.

Este lucense, licenciado en Xornalismo na Universidade Completense de Madrid, comezou a súa andanza profesional na radio, desenvolvendo o seu traballo en emisoras locais da Coruña e Lugo, así coma en Antena3 Radio. De aí pasou á Ser, Radio Voz e Radio Lugo, antes de dar o salto á televisión. A partir de 1997 converteuse nunha das caras coñecidas da pequena pantalla, ó presentar xunto a Inés Ballester o magazine En Antena. Esta parella televisiva converteríase en habitual da canle Antena3, estando ó frente doutros programas coma Ver para creer ou o reality El bus. Foi no ano 2000 cando Liborio García coincidiu laboralmente con outras dúas profesionais galegas presentes nos medios de comunicación nacionais: con Cristina Saavedra conduciría o informativo Ahora e con Paula Vázquez o programa Mira tú por donde. Outros programas nos que exercería a súa labor foron Noche de impacto ou 3D. Tras o seu paso por Antena3, recalaría en cadeas coma Telemadrid ou 13tv.

Pero Liborio García non só acumula anos de experiencia diante das cámaras. Poida que non tan coñecido para o gran público, pero igualmente prestixioso, é o seu traballo coma director de programas tan populares coma Historias con denominación de origen, Noche Mix, a súa versión veraniega Arena Mix ou GPS. O éxito colleitado por todos estes espazos fan indiscutible o bo facer deste lucense que máis ca un presentador considérase un profesional da comunicación. Sen embargo, o día 8 voltará a poñerse diante das cámaras do numerosos medios nacionais e internacionais que retransmitirán, coma nas dúas edicións anteriores, a gran cita da moda lucense.

Máis sorpresas nos vindeiros días

O presentador do evento xa é un segredo desvelado, pero aínda falta por coñecer o nome do deseñador de prestixio que exercerá de padriño de honra da moda lucense. Nos vindeiros días saberase o nome do creador que dará o relevo ós padriños das anteriores edicións, Francis Montesinos e Victorio e Luchinno. Todos eles amosáronse encantados de desempeñar este papel nun evento que chega á súa terceira edición, consolidándose no panorama galego da moda e do deseño. Isto é debido ó interese amosado polos profesionais do sector que participaron na Lvcvs Moda de manter esta iniciativa, pola repercusión económica que supuxo para os seus negocios. Ó mesmo tempo, esta gala tamén fomenta os novos valores no deseño de moda, potenciando a industria deste sector e favorecendo o emprego xuvenil. Así, ó longo da velada darase a coñecer o gañador do I Concurso de Novos Deseñadores lucenses, outra das novidades ideadas pola Deputación con motivo da Gala deste ano. O gañador, que recibirá un premio de 500 euros en metálico, terá que destacar pola orixinalidade, calidade e creatividade do seu deseño, a inspiración no medio ambiente e a presentación do traballo. Haberá, asemade, outros dous galardóns de 300 e 200 euros, respectivamente

Participantes na Gala Lvcvs Moda

Mostra do interese que suscita este evento son as cifras que arroxa. Máis de 100 profesionais participan directamente na gala. Entre eles, 5 firmas presentes: Manuel Bolaño, Luis Areñas para Manuela López, Sara Lage e Maru Calderón, Inpe&Sons e Montse Arias; as creacións artesanais de Beatriz Valín e Chicha Lombao; Carmen López; Cecilia Carballo; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; María Rodríguez; Miguel Caamaño; Obradoiro de Adolfo Domínguez; Pilar Rodríguez; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Ramón Lleó; Noela Feal; Vidal Revilla; e Yanllan (formada por Yolanda e Laura Luz Álvarez Nieto). As 10 perruqueríasm presentes Aluma, Attelier, Benjamín, Doana, Eduardo Souto, Galagroup, Mohama, Mönet, Pilar e René Velasco. 21 colaboradores: IES Muralla Romana; Conservatorio Profesional de Danza; restaurantes España, Mesón de Alberto e Koki García; hoteis Ciudad de Lugo e Méndez Núñez; Guillermo Fajardo, personal shopper para Adamascada; Rochas; Caramelo; Anna de Amigo; Modesto Santa Eularia; Cuplé; Senén; Ramón Rebolo; Dick&Paul; Messalina; Torques; Depidel e Porta Castelli. 33 grupos musicais lucenses que porán a banda sonora: Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janie’s Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism.

VENDA DE ENTRADAS:

Servizo de Protocolo-Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8 Lugo
Horario de mañá
982 260 060

Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, 10. Local 5. Lugo
982 221 102

Sara Lage y Maru Calderón
Rúa Armaña, 16. Local dereita. Lugo
982 254 764

Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820

Inpe&Sons
Praza Santo Domingo, 24. Lugo
982 255 865

Máis información, na portada da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org