Deputación de Lugo

Arrinca no CENTRAD unha nova quenda de obradoiros infantís de pintura, xoiería e grafitti

3 novos cursos da Deputación desenvolveránse entre hoxe e o día 31 achegando a tradición artesanal ós máis novos e axudando a conciliar a vida familiar e laboral45 rapaces de entre 5 e 16 anos aprenderán técnicas de pintura, de xoiería en arxila e de debuxo con spray de cores

Hoxe comezan nos pavillóns do Centro de Artesanía e Deseño tres novos obradoiros dos 12 postos en marcha este verán pola Deputación de Lugo. Neste cursos, 45 nenos de entre 5 e 16 anos aprenderán non só as técnicas dos oficios tradicionais da provincia, senón tamén outras alternativas artísticas máis modernas, como é o caso do grafitti, durante cinco xornadas que se prolongarán ata o vindeiro día 31 de agosto.

Con estes 45, xa son 180 os nenos da provincia que durante as vacacións escolares puideron coñecer de primeira man os oficios tradicionais e as técnicas artísticas máis novedosas cunha programación de cursos cos que a Deputación ofreceu un tempo de ocio diferente e colaborou na conciliación da vida familiar e laboral.

Os cursos que teñen lugar dende hoxe ata o vindeiro día 31 son os seguintes:

- obradoiros de pintura para nenos de 5 a 10 anos. Aprenderán diferentes técnicas de pintura para traballar nas súas pequenas obras de arte de xeito individual ou colectivo.

- obradoiros de xoiería para nenos de 8 a 14. Farán prendedores, colgantes ou chaveiros en arxila, que moldearán e pintarán eles mesmos

- obradoiros de grafitti para rapaces de 12 a 16 anos. O curso máis novidoso desta programación, no que terán a oportunidade de deixar a súa pegada con spray de cores en paneles de DM.

Coma é habitual, todos estes obradoiros se desenvolven nas instalacións do CENTRAD en horario de 9:00 a 14:00 horas.