Deputación de Lugo

Foz e Mondoñedo, destinos das rutas de Km0 desta semana

Os itinerarios –A Rapadoira e Ponte do Pasatempo- inclúen visitas a establecementos hostaleiros, así como ó taller do artesán Alberto Geada, impulsando estes sectoresGarcía Porto recibiu ós primeiros participantes dos 72 desta semana no programa da Deputación, cofinanciados nun 80% pola UE, que xera riqueza na provincia

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo individual de 48 persoas que redescubrirá hoxe mesmo Foz co Km0, o programa medioambiental da Deputación, cofinanciado nun 80% pola Unión Europea, que xera riqueza na provincia.

Estes veciños farán a ruta A Rapadoira, que inclúe un paseo por dita praia e polo porto de Foz, así como un xantar no restaurante Leyton, contribuíndo a impulsar a hostalería e a manter postos de emprego directos e indirectos que xera este sector. Os participantes na programación da Deputación deste martes tamén aproveitarán a visita á zona para realizar a ruta de Ouro e coñecer o mirador da Frouxeira.

Mañá, mércores 5 de decembro, será a quenda dun grupo de 24 persoas do Centro de Convivencia de Fingoy, en Lugo, que farán a ruta Ponte do Pasatempo. Estes veciños da capital luguesa viaxarán a Mondoñedo onde visitarán o Barrio dos Muíños, a Ponte do Pasatempo ou o Museo Diocesano da Catedral. Non só coñecerán a riqueza patrimonial mindoniense, senón tamén a gastronómica e a artesanal. E é que, co obxectivo de potenciar os traballos dos profesionais da zona que se adican a ditos sector, esta ruta do Km0 tamén inclúe un xantar en Padornelo e unha vista ó taller de Alberto Geada.