Deputación de Lugo

Gómez Besteiro inaugura o III Congreso Ibérico do Lobo, impulsado por Deputación e Asociación de Custodia do Territorio

Expertos de Europa reúnense en Lugo dende hoxe e ata o domingo para presentar en primicia, por 1º vez en Galicia, as súas derradeiras investigacións sobre este animalIsto é posible grazas á suma de esforzos entre este colectivo e a institución provincial, que achega 2.000 euros a esta iniciativa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres o III Congreso Ibérico do Lobo que se desenvolve na Facultade lucense de Veterinaria dende hoxe e ata o domingo. Trátase dunha iniciativa que reúne a expertos de toda Europa –España, Italia, Gran Bretaña, Francia ou Inglaterra- para presentar en primicia as súas derradeiras investigacións sobre este mamífero. Esta xornada, que ten lugar cada sete anos en España ou Portugal, celebrouse en Soria no 1997 e en Castelo Branco no 2005. Nesta convocatoria, a cidade luguesa logra ser a súa sede grazas a suma de esforzos entre Deputación, institución que achega 2.000 euros, e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, colectivo de Rábade implicado na súa organización. Hai que ter en conta que, segundo datos de dito colectivo, Galicia conta cunhas 64 manadas de lobos e que ó redor de 20 están en Lugo, sendo a provincia galega co maior número.

Durante a súa intervención, Gómez Besteiro destacou o feito de que a provincia lucense sexa escenario dun congreso destas características, no que “especialistas europeos constitúen un foro de debate aberto sobre a figura dun animal que, dende hai moitos anos, vén xerando diversas polémicas”. Por este motivo, subliñou que “espero que os estudos que se presenten esta fin de semana servan para dar resposta a moitas cuestións e axuden a atopar puntos de encontro”.

E é que durante estas xornadas abordaranse temas como os seguintes: El lobo ibérico en el siglo XXI. Ecología, población y gestión; Lobos y perros. Efectos de la domesticación en la ecología, comportamiento y fisiología; El lobo como paciente clínico: manejo, anestesia y monitorización; Valoración de los daños por lobo: La función del veterinario; Los disruptores endocrinos y la conservación de la fauna silvestre; La conservación del lobo en Europa; Censo regional del lobo; Controles de población y daños de lobo...

Ademais do Presidente da Deputación, no acto de inaugraución tamén estiveron presentes o Vicepresidente da Asociación de Custodia do Territorio, Martiño Cabana Otero; o Decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamaría e a Profesora do Departamento de Ciencias Clínicas da Facultade de Veterinaria de Lugo, Ana Mª López Beceiro, que foi a encargada de impartir unha das conferencias programadas para esa primeira xornada.