Deputación de Lugo

Ducias de lucenses participaron no cásting de actores para VHS, a curta que rodarán os alumnos da Escola de Imaxe e Son

As instalacións da Escola de Imaxe e Son acolleron as probas para escoller, entre homes de 20 a 45 anos e mulleres de 18 a 30, ós tres protagonistas do filme

Ducias de lucenses acudiron esta tarde ás instalacións da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC para presentarse ás probas de selección de actores que organizaron os alumnos da Escola de Imaxe e Son, dependente da Fundación TIC, para escoller ós protagonistas de VHS, a curtametraxe que dirixirán e producirán os propios alumnos.

Este cásting, consistente na realización de probas de actuación fronte ás cámaras, están dirixidas a homes de 20 a 45 anos e mulleres de 18 a 30, con ou sen experiencia previa, que darán vida ás personaxes principais da trama de VHS, unha curta de xénero cómico, cuxa acción está ambientada nun videoclube de barrio, no que estes terán a misión de atopar unha cinta solicitada por un cliente.

O resultado destas probas coñecerase tras o período de Nadal, no mes de xaneiro, e comunicarase ós futuros actores por teléfono e correo electrónico.