Deputación de Lugo

A Deputación activa na Mariña e na Montaña sendos dispositivos de emerxencia polo temporal

O organismo provincial desprazou a ditas zonas luguesa operativos con 24 traballadores e 20 máquinas, que estarán activos durante toda a fin de semana

A Deputación puxo en marcha hoxe na Mariña e na Montaña sendos dispositivos de emerxencia ante a alerta naranxa polos fortes ventos, con posibles rachas superiores ós 100 quilómetros por hora na Costa, e debido á alerta amarela por neve, con previsibles acumulacións de neve superiores ós cinco centímetros na montaña luguesa.

O departamento de Xestión Territorial da institución, dirixido por Manuel Martínez, desprazou a ditas zonas un total de 20 máquinas e 24 operarios co obxectivo de atender as posibles incidencias que se rexistren nos vindeiros días na rede viaria provincial.

O organismo lugués situou na Mariña un dispositivo composto por 12 operarios e 10 máquinas e na Montaña un con outros 12 traballadores e 11 vehículos.

Manuel Martínez quixo lanzar unha mensaxe ós veciños para que esta fin de semana se despracen con precaución polas estradas provincias, levando cadeas, así como para que fagan un uso responsable dos teléfonos de emerxencia habilitados en todos os Concellos co fin de alertar das incidencias que sucedan na rede viaria.