Deputación de Lugo

A alpinista Chus Lago escalará a Pena Tallada, en Ribas de Sil, con Km0 Xtreme

Imaxe deputación de lugo
É a primeira ruta da categoría “especial”, incluída dentro do programa medioambiental que promove a Deputación, e na que participarán outras personalidades do deporte e da vida social galega e española

Máis de 300 persoas redescubrirán esta semana A Mariña, a Ribeira Racra e Lugo centro nas seis rutas organizadas por Km0A alpinista, Chus Lago, escalará este sábado a Pena Tallada, situada no municipio de Ribas de Sil, dentro da modalidade Xtreme de Km0. O ascenso á cima, que realizará a primeira muller española e terceira do mundo en escalar o Everest sen axuda de osíxeno artificial, é a primeira ruta que organiza a Deputación dentro da categoría “especial”, na que participarán outras personalidades recoñecidas dentro do deporte e da vida social galega e española.A ruta, que realizará a alpinista viguesa e na que participará tamén o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, tamén inclúe un percorrido polo Camiño Sur, dende Torbeo a Cubela. Englóbase dentro da modalidade Xtreme, formada por 14 rutas -10 delas de balde-, que poñen en valor as Reservas da Biosfera a través do deporte e da multiaventura: “De Campamento” (donde cada equipo ten que realizar exercicios para ir sumando puntos), “De Multiaventura” (tiro con arco, canoas e rastreo), “Na Diana” (que inclúe tiro con arco e explicación do medio natural), “Oriéntate!” (actividades relacionadas co deporte de orientación), “A Cabalo”, “Lugo Vertical” (ou escalada), “Lánzate!”, (ou tirolina), “BTT” (bicicleta de montaña), “Globo Cautivo” (vista aéreas, pero tendo en conta que o globo está amarrado), “Colle a Onda!”, (é unha aposta polos deportes náuticos na Mariña Lucense como o surf ou o windsurf), e “Móllate!” (vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico).Km0 Xtreme tamén facilita ós participantes outras tres rutas de pago que desenvolven empresas asentadas na provincia. Neste senso, a Deputación pon en contacto ós solicitantes con distintas empresas para que poidan practicar deportes como: “Submarinismo”; “Englóbate!”, que inclúe viaxes de 1 a 3 horas sobrevoando a provincia de Lugo; e “Lugo Aéreo” (voos de 15 minutos en helicóptero). Os interesados que desexen apuntarse teñen que entrar na web: www.km0.deputacionlugo.org e descargar a folla de inscrición, que deberán enviar á dirección de correo electrónico km0@deputacionlugo.org, por fax ó 982 26 01 70, ou por correo ordinario ó Servizo de Protocolo (rúa San Marcos 8, 27001 Lugo).Outras rutas para esta semanaA Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Deputado de Infraestruturas e Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, recibiron este martes a un grupo da Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo e a outro do CEIP San Xoán de Becerreá, dentro de Km0. En total, participarán 309 persoas nas seis rutas organizadas polo organismo provincial para esta semana.Os 48 veciños de Carballedo desprazáronse ata A Mariña, onde coñeceron as praias das Catedrais e dos Castros, así como o porto de Rinlo e o aeródromo de Villaframil. Polo que se refire ós 55 alumnos do colexio de Becerreá, fixeron a ruta de sendeirismo “Vía Romana XIX”, en Adai (O Corgo), e visitaron a ponte da Chanca, o Centro de Interpretación da Muralla, e a Casa dos Mosaicos.O mércores, 55 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais “Amencer” de Bóveda viaxarán ata o Concello de Mondoñedo, no que pasearán polo barrio dos Muíños, visitarán o Museo Diocesano e a confitería “Alianza”, na que poderán mercar as famosas tartas deste municipio. Asimesmo, outro grupo de 55 alumnos do CEIP San Xoán de Becerreá decantaranse por Viveiro. Neste Concello, coñecerán a igrexa de Santa María do Campo, o casco histórico, a praia de Covas e o monte de San Roque.O xoves, 48 alumnos do colexio Cervantes de Lugo optarán pola Ribeira Sacra, onde farán a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo e embarcarán en Doade para facer un percorrido en catamarán por Amandi. Os canóns do Sil serán tamén visitados ese mesmo día por 48 integrantes da Asociación de Veciños do Campo de Roupar (Xermade). O itinerario completarano cunha degustación na adega Proencia e coa ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo.