Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo, considerada exemplo de boa xestión de fondos europeos en España

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial participa hoxe en Sevilla no Foro ProEmprego IV, organizado pola Deputación de Sevilla, para poñer en común experiencias e boas prácticas das administracións locais en políticas de formación e mellorar a empregabilidade A institución luguesa foi convidada á xornada para dar conta da súa xestión de fondos europeos, que a fixo merecedora de 25 millóns de euros concedidos pola Unión Europea, converténdose así na 5º entidade local no país que máis fondos comunitarios recibiuO Director de Fondos Europeos da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, participou xunto con outros profesionais da administración e do mundo empresarial nunha xornada na que tamén se abordaron outros aspectos coma a busca activa de emprego en internet e redes sociais

A Deputación de Lugo participa hoxe en Sevilla no Foro ProEmprego IV, xornadas organizadas pola institución provincial sevillana co obxectivo de poñer en común proxectos e intercambiar experiencias e boas prácticas das administracións locais en xestión de fondos europeos.

O organismo provincial foi convidado a esta cita por ser exemplo en toda España de boa xestión dos cartos procedentes do Fondo Social Europeo. A boa xestión dos fondos da Deputación de Lugo foi merecedera do recoñecemento por parte da Unión Europea, que a premiou con 25 millóns de euros, converténdose na 5ª entidade local no país que máis fondos comunitarios recibiu na última convocatoria, debido ós resultados dos proxectos que a Deputación de Lugo desenvolveu nesta provincia cos cartos que recibiu da UE para 2007-2011.

O Director de Fondos Europeos da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, xunto a outros profesionais da administración e do mundo empresarial, como a Delegada territorial da Consejería de Economía, Innovación e Ciencia da Deputación anfitriona ou O Responsable Técnico CADE ou o Presidente de SBP- Comunicadores Asociados de Impulso Empresarial, participou nunha xornada na que se puxeron sobre a mesa diferentes proxectos englobados dentro do Programa Operativo do Fondo Social Europeo. A institución provincial luguesa é un exemplo para o resto de administracións polos bos resultados obtidos conxugando factores coma a demanda tecnolóxica ou a conservación do medio ambiente co fomento do emprego na provincia, o que se ten materializado en proxectos coma o Pacto Provincial polo Emprego, que Rivera analizará co resto de expertos presentes nunha mesa redonda baixo a rúbrica de “Mejora de la empleabilidad: aspectos innovadores y buenas prácticas”

Este non será o único tema tratado. Cómo buscar traballo en internet e as redes sociais, Motivación para a busca de emprego, ferramentas imprescindibles para atopar traballo, ou a posta en común de experiencias de beneficiarios doutros programas de formación e emprego.