Deputación de Lugo

A Deputación dota a 200 veciños de núcleos da Pobra do Brollón de servizos básicos, aforrando 23.000 euros ó Concello

O Presidente mantivo un encontro con veciños do barrio da Estación, onde a institución recuperou unha mina de agua sen uso dende 1970, rematando coas deficiencias do subministro, ampliando a capacidade do pozo veciñal e aforrando máis de 12.000 eurosGómez Besteiro tamén supervisou o acondicionamento e dotación dun espazo de 400 m2 á entrada de Salcedo, onde a Deputación creou a primeira zona verde e parque infantil desta parroquia con 40 habitantes, dos que o 30% son nenos

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou estes xoves as actuacións que vén de rematar o organismo provincial no barrio da Estación e en Salcedo, na Pobra do Brollón, coas que a institución mellorou servizos básicos e dotou de novas prestacións públicas ós preto de 200 veciños destes núcleos rurais, reivindicando a vida no campo e aforrando 23.000 euros ó Concello logo de financiar na súa totalidade os traballos realizadas co Plan de Comunidades Veciñais.

Gómez Besteiro mantivo un encontro con veciños do barrio da Estación onde a Deputación mellorou e ampliou a traída de auga, recuperando unha mina construída, segundo a documentación que manexan os veciños, en 1970 para conducir o manancial de auga ó regato, pero que nunca se chegou a empregar. O titular provincial destacou que “os máis de 150 veciños da zona levaban anos padecendo deficiencias no subministro, quedándose en ocasións sen un servizo básico. Ante a necesidade destas actuacións, as demandas veciñais e a falta de recursos locais, asumimos estes traballos con case 12.000 euros, que aforramos ó municipio. Pero o aforro é maior aínda xa que, ó recuperar esta mina, ampliamos a capacidade do pozo, evitando ós veciños o uso doutras fontes de auga”.

1ª zona verde e parque infantil de Salcedo

O máximo mandatario provincial tamén supervisou o acondicionamento e dotación con mesas, bancos e ata xogos infantís dun espazo verde de 400 metros cadrados, situado á entrada da parroquia de Salcedo, coñecido como “Aira do Concello”, e sen uso ata o momento. Coas actuacións realizadas, dotadas de 11.250 euros, a Deputación creou en Salcedo o primeiro espazo de lecer e parque infantil desta parroquia, cun 40 habitantes, que destaca pola alta porcentaxe de menores, representando o 30% da poboación total.