Deputación de Lugo

A Deputación colabora un ano máis na Romaría da Virxe da Veiga en Negueira de Muñiz

Imaxe deputación de lugo
A cita celebrarase o vindeiro 15 de agosto na vila da Comarca da FonsagradaO organismo provincial colabora por sexta vez co evento gastronómico aportando 3.000 eurosNo evento haberá unha ampla oferta de actividades con actuacións infantiles pola maña e unha sesión de musica alternativa pola noite

A Deputación colabora outro ano máis co Concello de Negueira de Muñiz para promocionar a Romaría da Virxe da Veiga. A xuntanza popular será o xoves 15 de agosto e as actividades que teñen deseñadas para o evento están dedicadas á todas as idades, dende os máis cativos ata os máis maiores. O evento é de carácter local é ten como finalidade crear e fixar relacións de semellanza entre a xente que se achegue ata o evento; veciñas e veciños de Negueira e dos concellos próximos a esta vila.

O organismo provincial ve neste tipo de iniciativas unha grande oportunidade para crear unha identidade común entre os asistentes ó mesmo tempo que dinamizar en certa medida a economía local. Por iso a Deputación colabora co concello no financiamento da Romaría aportando 3.000 euros que serán destinados para financiar parte das ás actividades gastronómicas e lúdicas que se ofrecen.


Programación da Romaría
A xornada comeza con actividades para os máis picariños que veñen da man do grupo de Teatro Piruleta. O espectáculo basase na combinación de distintas disciplinas das artes escénicas como teatro, maxia, globoflexia ou malabares. De seguido o Concello de Negueira de Muñiz, coa colaboración da institución provincial, convida ós asistentes da festa ó xantar: unha churrascada popular gratuita. A Romaría estará amenizada por un acordeonista que encherá o lugar de música tradicional, perfecta para eventos deste tipo. Na noite, cara as 12 haberá un espectáculo pirotécnico e ó remate, a festa continúa da man dun deejay que fará sonar as cancións estrelas do punk, rock ou newpop.