Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación felicita a Pegerto Saavedra e dexésalle 'moitos éxitos' na Real Academia Galega

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro destaca o “novo recoñemento” á traxectoria profesional do Catedrático de Historia, natural da Fonsagrada, “que honra á provincia luguesa”O organismo provincial súmase á sesión deste sábado no Paraninfo, na que Pegerto Saavedra será nomeado académico numérico da RAG

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, felicitou a Pegerto Saavedra pola súa inminente entrada na Real Academia Galega como académico numérico, que terá lugar este mesmo sábado, nunha sesión no Paraninfo da propia institución galega, en Santiago de Compostela.

Gómez Besteiro enviou un telegrama a Saavedra, destacando “este novo recoñecemento” á traxectoria profesional do Catedrático de Historia, natural da Fonsagrada, “que honra á provincia luguesa”, e desexándolle “moitos éxitos” na RAG.

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, participará na sesión extraordinaria pública deste sábado, na que Pegerto Saavedra dará lectura ó discurso “Demarcacións, topónimos, papeis, memoria. Sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna”.