Deputación de Lugo

Punset chega mañá a Lugo para falar dos desafíos do futuro nun encontro aberto na Deputación

Imaxe deputación de lugo
As 400 persoas con entradas para ver a Punset nos Salóns de Actos e de Plenos deberán estar este xoves, ás 18:30 horas, no Pazo Provincial, para indicarlles a súa localidadeA Fundación TIC retransmitirá en streaming a charla en www.deputacionlugo.org. A institución tamén a emitirá nas pequenas pantallas dos mupis da Praza de San MarcosÓ remate da conferencia, Punset asinará o seu último libro no Salón de Plenos, nun acto aberto a todos os interesados, teñan entrada ou non

A Deputación de Lugo achega a Eduardo Punset ós cidadáns, nun encontro gratuíto e aberto ó público, que terá lugar mañá no Pazo de San Marcos, e no que abordará os desafíos do século XXI. O poder de convocatoria desta cita foi tal, que en menos dunha hora se esgotaron as 400 prazas dispoñibles para seguir ó célebre científico de xeito presencial no Salóns de Actos, ou en directo dende o de Plenos. As persoas que, por rigoroso orde de inscrición, conseguiron unha das localidades, deberán presentarse este xoves na Deputación, ás 18:30 horas, coa entrada correspondente. A Fundación TIC retransmitirá en streaming a charla dende www.deputacionlugo.org. A institución tamén emitirá a conferencia dende as pequenas pantallas dos mupis da Praza de San Marcos.

Unha vez rematada a charla, Punset dirixirase ó Salón de Plenos para asinar exemplares do seu último libro, “El Sueño de Alicia”. A sinatura é de acceso libre e gratuíto, podendo participar tanto a xente que xa estaba no interior do Pazo de San Marcos, coma aqueles que decidan achegarse só para esta cuestión.

Punset visita por primeira vez Lugo despois das xestións realizadas nos últimos dous anos polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro. Este encontro enmárcase dentro da aposta do titular provincial "por seguir abrindo a Deputación ós cidadáns, facéndoa útil e potenciando o Goberno aberto, no que as novas tecnoloxías cumpren un papel fundamental na comunicación entre a institución e a cidadanía”. 

Esta conferencia organízase ó abeiro do Innova-TE . Dentro deste programa, financiado nun 80% con fondos europeos que acadou a Deputación, celebraranse outras dúas charlas, gratuítas e abertas ós cidadáns, antes de rematar o ano. Serán as de Emilio Duró, un dos maiores expertos en liderado e xestión da intelixencia emocional, que falará da importancia de ser optimistas en tempos de cambio; e Fernando Trias de Bes, escritor e economista especializado en márketing, creatividade e innovación.