Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo sumarase ós actos do Día Internacional contra o Cancro de Mama iluminando de rosa o Pazo de San Marcos

Imaxe deputación de lugo
A institución provincial e a Asociación Española contra o Cancro conmemorarán este día reivindicando unha maior atención a prevención nos Servizos de Sanidade Pública

A Deputación de Lugo participa un ano máis nos actos organizados pola Asociación Española de Loita contra o Cancro na provincia iluminando, a noite do sábado 19 de outubro, a fachada do Pazo provincial do tradicional cor rosa, símbolo da loita contra esta doenza. Con esta iniciativa, a institución provincial colabora nas tarefas de sensibilización da sociedade, concienciando á cidadanía acerca da importancia dos métodos de prevención e detección precoz, fundamentais para aumentar os, xa de por sí, cada vez máis altos índices de curación.

De aí que os responsables provinciais presten o seu apoio dende hai anos ás actividades da AECC Lugo, e que insistan na necesidade de que o sistema sanitario público manteña probas coma as mamografías dentro da carteira básica de servizos da Sanidade Pública, que aumentan as posibilidades de curación ata o 80% nos casos que se detectan a tempo.

Menos afectadas e máis supervivencia

Os expertos insisten en que a detección a tempo é fundamental posto que 8 de cada 10 mulleres que padecen esta enfermidade logra sobrevivir. O cancro de mama é unha doenza cun gran impacto social -unha de cada 8 mulleres padecerá a enfermidade ó longo da súa vida-, pero ademais das persoas que a paceden, tamén se ven afectados os seus familiares e amigos. Por este motivo, e fronte a tempos pasados nos que o sufrimento se realizaba dun xeito máis íntimo, os especialistas destacan a importancia de facer visible a loita contra a enfermidade facendo tamén partícipes a toda a comunidade.

A Asociación Española Contra o Cáncro en Lugo realiza numerosas actividades para informar e concienciar á sociedade da magnitude desta doenza. Independentemente das cifras de afetadas, a AECC Lugo ofrece apoio integral ás mullerse que padecen a enfermidade e teñen en marcha campañas de voluntariado; actividades que a fixeron merecedora de numerosas distincións e premios.