Deputación de Lugo

Aprobada a licencia para a execución das derradeiras obras da nova sede da UNED en Lugo

A Deputación porá en marcha as obras maiores no bloque 1 do Hotel Miño de xeito inmediato, tras rematar cos traballos menores que xa executa neste inmoble porque non requirían deste permisoEstas derradeiras actuacións contan cun prazo de execución de 4 meses e cun orzamento de 1 millón de euros, financiado na súa totalidade polo organismo provincial Previamente á solicitude esta licencia, foi imprescindible obter o informe favorable da Xunta, que tardou 2 anos, ademais dos permisos de estradas e de augas do Goberno Central

A Deputación conta dende este mércores coa licenza de obra para executar as obras maiores no bloque 1 do Hotel Miño, as derradeiras da nova sede da UNED en Lugo, logo de que hoxe a Xunta de Goberno Local do Concello lugués aprobase a súa concesión. Isto supón que, nos vindeiros días, a institución porá en marcha estas actuacións. Farao tras rematar coas obras menores, que non requirían deste permiso, que está a levar a cabo nestas instalacións, consistentes no desmotaxe de fachadas e na demolición de falsos teitos e pavimentos.

Esta licencia de obra foi a última que solicitou o organismo provincial, pois, previamente, necesitaba o permiso de estradas do Ministerio de Fomento, o de augas da Confederación Hidrográfica do Miño Sil e, principalmente, o informe favorable ó proxecto por parte da Xunta de Galicia, que tardou 2 anos.

Malia a demora do Goberno galego na conseción deste permiso previo, legal e imprescindible, a Deputación avanzou nesta iniciativa, acomentendo os traballos que non necesitaban o visto e prace do Executivo autonómico. Estas labores consistiron na demolición do bloque 2, onde se sitúa o aparcadoiro da universidade de 1.900 metros cadrados, e no acondicionamento do bloque 3, onde se levou o Arquivo Provincial.

Obras maiores

As obras maiores no bloque 1 do Hotel Miño teñen un prazo de execución de 4 meses e un orzamento de 1 millón de euros, que achega a Deputación. Con estes traballos, esta instalación quedará didivida en 4 prantas, cun espazo útil de 1.993 metros cadrados:

- pranta baixa de 446 m2, onde se situarase unha biblioteca de acceso libre con conexión a Internet de 10 megas que triplicará existente, o departamento de orientación, formación e emprego (COIE), así como o de atención ó alumnado.

- primeira pranta de 536 m2, onde haberá 6 aulas compostas por tabiques móbiles facendo posible que en tempadas de maior afluencia de estudantes, por exemplo durante a celebración de exames, quede unha soa sala con capacidade para 200 persoas. Neste espazo, tamén se localizará a sala de reunións e a de dirección.

- segunda pranta de 536 m2, onde estarán as restantes 12 aulas -isto significa que a UNED contará cun total de 16 aulas-, así como a área de informática.

- terceira pranta de 475 m2, que hoxe é a terrraza, converterase no espazo que acolla o salón de actos e os laboratorios.

Para o vindeiro curso académico

Lugo contará co centro referencial da UNED no noroeste de España para o curso académico 2014-2015, destacando fronte ás restantes en Galicia e Asturias, así como á de León, Zamora e Salamanca. Situar a nova sede da universidade a distancia na capital luguesa no antigo Hotel Miño conleva claras vantaxes: 1.- Económica. Aforraranse os 105.000 euros anuais que, actualmente, se desembolsan no alugar do edificio Forcam, propiedade da Cámara de Comercio, para as clases. 2.- Espacial. Gañarase espazo para acoller ós alumnos en constante aumento, xa que, segundo datos oficiais, a UNED luguesa incrementou nun 15% o número de matriculados no 2013 con respecto ó ano pasado, acadando os 2.212. Trátase do maior crecemento en volume de alumnos de Galicia. 3.- Adaptación do centro ó novo marco universitario europeo; 4.- Consolidación da existencia da Uned en Lugo coa permanencia da sede.

Hotel Miño

O Hotel Miño foi adquirido polo organismo provincial en 1984. En 2007, a anterior corporación provincial acordou a súa posta á venda, operación que non chegou a formalizarse debido ó incumprimento do comprador. Posteriormente, voltouse por á venda en 2 ocasións, nas que non se presentaron ofertas. Finalmente, ante a petición da Asociación Provincial da Hostelalería dun centro de formación en Lugo, a Deputación púxoo a disposición da Xunta sen obter resposta algunha. Agora, Deputación e Concello de Lugo dan a este patrimonio público unha finalidade pública, levando alí as instalacións da UNED na capital luguesa.