Deputación de Lugo

Lara Méndez avoga pola cooperación dos sectores público e privado na construción do futuro económico do país

A Deputación acolleu un novo debate do ciclo Galicia en clave económica no que Jorge González, Xaquín Álvarez e Antonio Izquierdo analizaron o papel dos sectores público e privado fronte a criseA Fundación TIC, como en anteriores ocasións, encargouse da retransmisión en directo da cita en streaming a través da web do organismo provincial www.deputacionlugo.org O organismo provincial e Economía Dixital, en colaboración co grupo El Progreso, organizan esta iniciativa, implicando á cidadanía na busca de solucións á crise

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inaugurou este xoves o cuarto debate do ciclo Galicia en clave económica, organizado pola Deputación e Economía Digital, coa colaboración do Grupo El Progreso.

Lara Méndez avogou pola cooperación entre os sectores público e privado e a súa implicación “na creación dunha industria que aposte por investir en proxectos innovadores como os nacidos dos spin-off académicos e conseguir crear empresas competitivas en colaboración co persoal investigador”. A Vicepresidenta salientou o carácter emprendedor de Galicia e a necesidade de corresponder a ese espírito “dende as Administracións, a implicación de todos os axentes políticos e sociais para acadar melloras na competitividade a través da innovación, non só nos sectores máis punteiros, senón tamén nas actividades máis tradicionais”

Neste senso, Méndez salientou “a oportunidade que supón o programa marco da Unión Europea para a investigación e innovación Horizonte 202, que porá a disposición dos países membros máis de 70.000 millóns de euros”.

Lara Méndez fixo estas declaracións no debate no que participaron o Catedrático de Organización de Empresas da Universidade de Vigo, Jorge González Gurriarán; o Catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, Xaquín Álvarez Corbacho; e o Catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña, Antonio Izquierdo Escribano.

A Fundación TIC, como en anteriores ocasións, encargouse da retransmisión en directo da cita en streaming a través da web do organismo provincial www.deputacionlugo.org. O ciclo de debates sobre a situación económica continuará no mes de decembro cunha charla sobre alternativas laborais ó paro.