40 operarios e 20 máquinas da Deputación actúan en vías da Montaña, con acumulacións de neve de ata un metro
A Deputación mantén despregado na Montaña luguesa un dispositivo composto por 40 operarios e 20 máquinas, que están actuar dende as seis da madruga nas estradas da zona debido ó temporal de neve.
O operativo do organismo provincial centra agora a súa actividade no Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, onde permanecen cortadas 9 estradas provinciais con acumulacións de neve de ata 1 metro. Estas vías son as seguintes: 1303, 4501 e 5004 no Courel; 3701, 4503 e 4504 en Pedrafita do Cebreiro; e 1412, 1411, 1405 en Cervantes.
Todo isto, logo de poñer a punto as restantes vías e ditos Concellos, xunto ás da Fonsagrada, Navia de Suarna, Becerreá e Triacastela.
Este dispositivo continuará actuando no que resta de día. Ademais, outros tamén operarios e máquinas da Deputación están en alerta na Mariña ante a ameaza por vento.