Centos de persoas achegáronse ata Seoane na XXVI Festa da Castaña do Courel que financia a Deputación
A XXVI Festa da Castaña do Courel reuniu este sábado a centos de persoas en Seoane para degustar este froito. A Deputación financia esta cita dentro da súa aposta pola produción e comercialización da castaña para xerar riqueza e emprego na provincia.
A castaña e os seus derivados é unha importante fonte de ingresos na zona do Courel. De feito, na Comarca de Quiroga, na que se inscribe este municipio, é, con máis de 1.100 hectáreas de soutos, unha das máis destacadas de Galicia en canto a superficie cultivada e produción. Lugo concentra o 30% do total da produción deste froito na Comunidade galega, con máis de 2 toneladas. A comercialización e produción da castaña dá emprego a 2.000 persoas na provincia.
O organismo provincial apoia ás PEMES e autónomos que se encargan da recollida, tratamento e comercialización da castaña con iniciativas como o programa Soutos, un pioneiro proxecto en España, que permite a recuperación de terreos abandonados coa plantación deste cultivo, xerando novos ingresos e empregos no sector. Empresas relacionadas coa produción da castaña contan coa marca de calidade da Deputación LugoSabe e, de xeito gratuíto, teñen á venta este lotes deste froito na plataforma de comercio electrónico www.losprodutosdelugo.com.
O programa de actos da Festa da castaña do Courel incluíu degustacións gratuítas, nas que se consumiron máis 500 quilos deste froito. Tamén houbo animación musical, así como postos de artesanía.