Deputación de Lugo

A Deputación mellora a competitividade de 144 Pemes da Zona Sur da provincia coas marcas de calidade LugoSabe e Lug02

López Izquierdo e Sotuela entregaron hoxe en Monforte de Lemos os títulos acreditativos ós responsables das empresas que obtiveron os distintivos tras superar rigorosas auditoríasSon 68 produtores e 76 establecementos turísticos que xa contan con estes selos que converterán estes produtos e servizos lucenses nun referente que se traduce en beneficios económicosPara impulsar a proxección destes negocios, a Deputación pon a disposición destas empresas a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o Deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, entregaron este xoves en Monforte de Lemos os títulos acreditativos das marcas LugoSabe e Lug02 a 144 pequenas e medianas empresas da Zona Sur da provincia que, tras superar rigorosas auditorías, obtiveron de maneira totalmente gratuíta estes distintivos de calidade outorgados polo organismo provincial. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a competitividade e posicionamento no mercado destes 68 produtores e 76 establecementos turísticos.

Sonsoles López Izquierdo salientou que con estas incorporacións “poñemos en valor ós nosos servizos turísticos e produtos alimenticios, para convertelos nun referente en España que se traduza en beneficios económicos”. Miguel Ángel Sotuela destacou que este proxecto enmárcase na aposta da Deputación polo medio ambiente como oportunidade de futuro para a provincia e no impulso ás pequenas empresas e autónomos, “a verdadeira columna vertebral da economía lucense”. A iniciativa está financiada ó 80% por fondos europeos a través do programa Lug02.

Para conceder as marcas LugoSabe e Lug02, a institución luguesa desenvolve un rigoroso procedemento que garante o cumprimento dos requisitos esixidos e que inclúe comprobacións tanto de documentación como in situ. As auditorías están avaladas por AENOR, a entidade líder a nivel internacional en certificación de sistemas de xestión, produtos e servizos. As marcas Lug02 e LugoSabe garanten servizos e produtos de auténtica calidade, ó tempo que fomentan as boas prácticas medioambientais. LugoSabe ofrece produtos autóctonos sometidos rigorosas prácticas de control en toda a cadea de fabricación: produción, envasado, embalaxe, almacenamento e distribución.

Pola súa banda, a marca Lug02 está dirixida a establecementos turísticos como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comercios. Este distintivo, ademais de rexerse polas Normas de Calidade Turística –ICTE- que avalan servizos óptimos, como accesos para persoas con discapacidade, material informativo en todos os idiomas, infraestruturas de calidade ou atención de persoal cualificado, está ligado á implantación das novas tecnoloxías, á conservación do medio ambiente e ó impulso dos produtos alimenticios da provincia.

As entidades luguesas coas marcas da Deputación teñen garantido novas vendas e, polo tanto, máis beneficios xa que dentro deste proxecto o organismo provincial creou novas rutas turísticas ambientais e gastronómicas que inclúen os negocios LugoSabe e Lug02. A Deputación levará estes negocios a recoñecidas feiras e eventos, realizará campañas divulgativas, e incrementará os puntos de promoción e venda.

As empresas agroalimentarias da zona Sur que acadaron a marca LugoSabe son, por Concellos:

Chantada (18): as adegas Xarreiro, Tejeiro Lemos, Portelo Terras de Líncora, Cabo do Mundo, Os Cipreses, Viña Garoña, Augavella, Covas 21, Amedo, Lareu, Pincelo, Vía Romana, Santa Mª de Nogueira e Veiga; os produtores de Tenreira Galega Ecolóxica Pazo de Sabadelle; de castañas e confituras Miguel Areán e Fillos; de galletas ecolóxicas Lugar da Veiga, e de castañas, noces e mazás ecolóxicas, Lucía Blanco.
Saviñao (7) as adegas Moure, Abadía da Cova, Vacavé, Dos Fortes, Miguel Ángel Garrido, Toalde e SAT Virxe dos Remedios.
Pantón (5): as adegas Saíña, Casa Moreiras e Losada Fernández; a panadería Tarrazo; e a empresa produtora de zumes naturais e marmeladas Tuta Fruta.
Portomarín (1): Tartas Ancano
Quiroga (6): as adegas Val de Quiroga e Mondelo; os produtores de mel e pole, Miel Rural e Concepción González Pombo, e os produtores de aceite de oliva virxe Almazara Val de Quiroga e Aceiroga.
Sober (25): as adegas Algueira, D´Fran, Viña Cichón, O Canón do Sil, Don Bernardino, O Canceliño, Regina Viarum, Priscilius, Mezquita, Tear, Val da Lenda, Cividade, Dominio de San Xiao, Marcelino I, San Mamed, Guímaro, Frieira, Cruceiro, Pretón, Proencia, Lucenza Adega Corvelle, Barbado, Décima, e Cardenal Rodrigo de Castro.
Taboada (1): a empresa produtora de carne de Tenreira Galega Ecolóxica Matadero Celtaverde.
Paradela (5): as panaderías Modesto e San Miguel; o produtor de mel Manuel Abella; o de Tenreira Galega Ecolóxica José Luis López e a de castaña ecolóxica Inés Armesto.

Coa marca Lug02 contan os seguintes establecementos hostaleiros:

Os aloxamentos en Chantada (4) Hotel Mogay, Casa Quinteliña, pazo do Piñeiro e Casa das Xacias.
En Monforte (5) Hotel Ribeira Sacra, Hotel Condes de Lemos, Molinos de Antero, Parador e Casa Reboiro.
En O Saviñao (3) Torre Vilariño, Casa Santo Estevo e Casa Vilamor.
En Pantón (8) Hotel Balneario Augas Santas, Casa de Maside, Casa Dulcinea, O Canto da Terra, Casa Rural da Vila, Casa dos Muros, Aira Sacra e Rectoral de Castillón .
En Paradela (1) Pensión-Residencia Mesón do Loio.
En Pobra do Brollón (3) Casa A Salanova e A Salanova 2 e Hotel rústico O Forno.
En Portomarín (3) Área de Turismo Rural Santa Mariña, Pensión Arenas e Hotel Pousada.
En Quiroga (2) Casa Grande da Ferrería de Rugando e Remansiño Hotel da Natureza.
En Ribas de Sil (1) Casa O Verxel.
En Sober (2) Rectoral de Anllo e Casa Grande de Rosende.
En Taboada (1) Casa Romualdo.

Os restaurantes:

En Chantada (5) Mogay, Faragulla Wine Bar, Pazo do Piñeiro, Club Fluvial Belesar e Os Pendellos.
En Monforte (19) Zuritch, Celler, La Maja, Picota Espazo Gastronómico, Los Goya, Bodegón Ribeira Sacra, O Grelo, Tapería Centro del Vino, Pizzería O Bon Gusto, Manuel Bistró, Don Manuel, El Parque, Barcelona, Pincho, Alola, A Ronda, El Lienzo, Don Pedro e O Xugo.
En Saviñao (3) Torre Vilariño, Avenida e Durán.
En Pantón (3) Augas Santas, Rectoral de Castillón, e Carabelos.
En Paradela (1) Mesón do Loio.
En Pobra do Brollón (1) O Forno.
En Portomarín (4) Pérez, Gonzar, Arenas e Pousada.
En Quiroga (3) Lar de Torrenovaes, Aroza e Ferreiriño.
En Sober (4) O Castelo, A Cantina, Rectoral de Anllo e Parada 2.

O vindeiro 30 de xaneiro outras 157 empresas da Zona Centro da provincia recibirán en Vilalba os seus distintivos.