Deputación de Lugo

A Deputación atendeu preto de 50 incidencias polo temporal durante a ponte de Reis

Imaxe deputación de lugo
Durante os días 4, 5 e 6 de xaneiro o dispositivo do organismo provincial contou con 32 operarios con 18 vehículos que traballaron para garantir a circulación nas estradas A maioría das incidencias rexistradas foron por causa de caídas de árbores e tan só dúas das intervencións se deberon a desprendementos de terras pola choivaA neve afectou a estradas de Pedrafita e Folgoso do Caurel, onde se rexistraron 12 intervencións, conseguindo o dispositivo manter as estradas operativas toda a ponte

O operativo posto en marcha pola Deputación de Lugo para atender as incidencias nas estradas provinciais provocadas polo paso do temporal realizou 45 intervencións durante a Ponte de Reis, os días 4, 5 e 6 de xaneiro.

O dispositivo estaba conformado por 32 operarios e 18 vehículos equipados cos materiais necesarios para despexar as estradas provinciais que se viron afectadas. A maioría das incidencias rexistradas foron por caídas de árbores -43- e tan só 2 se deberon a desprendementos. Concretamente, as intensas choivas provocaron desprendementos en taludes nas estradas LU-P-0707 en As Nogais e LU-P-5003 en Quiroga, restablecéndose en ambos casos a circulación de xeito inmediato.

Por outra banda, tamén o dispositivo de inverno, activado o pasado mes de outubro, estivo traballando en Concellos de montaña. A neve afectou fundamentalmente ós municipios de Pedrafita e Folgoso do Courel, onde se realizaron 12 actuacións para despexar o firme de neve e xeo, sen que fora necesario en ningún caso pechar as estradas ó tráfico.

Malia que a situación atmosférica mellorou considerablemente, tanto o dispositivo invernal como o resto do operativo da Deputación permanecen activados para actuar coa máxima axilidade, no caso de ser preciso, para conservar e manter sempre en perfectas condicións a rede viaria provincial.